Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de agosto de 2012

FESTIVAL INFANTIL DA PULGA 2012 CAMBADOS






Este mércores presentouse no Concello de Cambados o primeiro “festival da Pulga” na sua versión infantil. Co obxectivo principal de concenciar a os máis paquenos contra o abandono das suas mascotas.

A organización corre a cargo do Refugio de Animales de Cambados e na presentación estiveron presentes a sua Presidenta, Olga Costa e os seus colaboradores Mónica Miguélez e Diego Álvarez.



O festival será estes sábado e domingo na Praza de Fefiñáns. Inaugúrase oficialmente o dia 11 as 5 da tarde e o domingo o horario será de 11 hrs a 22 hrs. Haberá colchonetas, talleres, malabares, globoflexia, karaoke y espectáculos recreativos ademáis dun parque de bolas para que os pequenos poidan xogar coas suas mascotas e as do Refugio.

O domingo a partires das 18 hrs haberá un concurso de habilidades onde pequenos e as suas mascotas poderán participar. Haberá regalos para os participantes.

O domingo sobre as 12 hrs haberá tamén un curso de adestramento canino por parte de profesionais.

A festa é unha maneira de recadar cartos para o Refugio. Tan so haberá que pagar 3 €uros para ir nas colchonetas. Tamén estarán a venda participacións de Loteria de Nadal da que durante o Albariño venderon por valor de 8oo €uros, ou as novas camisetas do Refugio.

Polo tanto piden a colaboración de veciños e foráneos no afán de recaudar cartos para Refugio e a Protectora e saí poder seguir desenrolando a sua magnífica labor.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.