Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de agosto de 2012

DESFILE DO ALBARIÑO: PREFERENTES Vs FEIJOO





Celebrouse o domingo como é tradición o primeiro domingo de agosto, o desfile do Capítulo Serenísimo do Albariño, das autoridades e o resto de confrarías asistentes ao acto de investidura dos novos Cabaleiros e Damas do Albariño. O acto empezou arredor da unha da tarde coa recepción no Concello trala cal tivo lugar a marcha cara ao Patio de Armas do Palacio de Fefiñáns onde se celebrou a investidura.


Cabe destacar o descenso de confrarías asistentes con respeto a outros anos. Sexa polo que sexa este ano non se deron cita máis que unha ducia de Confrarías, cando noutros anos o número era cercano a vinte ou incluso máis. Confrarías de Asturias, Castela, Pais Vasco e Galicia, e Portugal déronse cita na Praza do Concello para ser recibidas polas autoridades para despois facer o percorrido dende o Concello ata Fefiñáns. As avenidas de Galicia e de Madrid foron testemuñas do desfile. Grupos de gaitas acompañaron as confrarías ata rematar na praza De Fefiñáns. Todas estas Confrarías fixeron o percorrido acompañadas de unha última confraría creada fai pouco tempo.


Esta é a “Confraria” de Afectados polas Preferntes do Salnés . Preto de 50 persoas, unhas con camisetas vermellas alusivas ao tema, manifestaron a sua indignación pola lentitude na solución do seu problema.
Seguindo co tema da confrarías, a destacar o descenso de asistentes comparando con outros anos. Non sabemos as razóns pero este ano houbo moita menor presenza que outros anos.


Chamou a atención da ausencia de Núñez Feijóo no desfile. É algo inconcebible que un home xoven e con boa saúde coma el non faga o paseíño, pois nos derradeiros anos de asistencia de Fraga a Festa sempre estivo ao pe do cañón agás cando a sua saúde impideullo. De que tiña medo Feijóo?

Tería medo a que a xente manifestara a sua contrariedade pola situación na que nos atopamos? Un político é bo cando sabe estar as duras e as maduras, é algo que vai implícito no cargo e no soldo. E Núñez Feijóo demostrou que lle ten medo ao povo. Soio así se entende a sua “desaparición” no desfile sobre todo cando soupemos que si asisteu a o nomeamento de novos Cabaleiros e Damas. Outro que escusou a sua ausencia foi Mariano Rajoy con un “no creo, tengo mucho follón” . O mesmo follón que si lle permiteu irse de paseo con uns cuantos “pepinos” da zona máis Feijóo e Louzán amén de varios Conselleiros da Xunta.

Para a estatua si estivpo Feijóo

Señores Rajoy e Feijóo hai que sair a rua e pulsar as opinións da xente e non rodearse de amigos que o único que van dicir é o “si bwana” como sumisas ouvelliñas.




A outro que se botou en falta era o empresario vitivinícola que segundo Luís Aragunde foi o ideólogo da creación da estatua a Fraga. Pero “Lisucho” si estivo no Patio de Armas do Palacio e no Xantar para demostrar o seu poder de persuasión.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.