Unha representaciónduns cincoenta afectados polas participacións preferentes da Comarca do Salnés estivo presente onte durante o desfile de autoridades e confrarías cara o Patio de Armas do Palacio de Fefiñáns para a investidura de Damas e Cabaleiros do Capítulo Serenísimo do Albariño. José Massaveu, Ana Turpin, Rafael Ansón, Abraham Olano, Ramón Huidobro, o cambadés Manolo Paz e a Conselleira Beatriz Mato e o Conselleiro Jesús Vázquez Abad foron os novos Cabaleiros e Damas.
Un nutrido grupo de persoas apoiados por moitos dos espectadores asistentes ao paseiño situaronse na Praza do Concello, primeiro, e despois a o final da comitiva con camisetas vermellas reclamando unha pronta solución ao conflicto. Nunha conversa cos afectados manifestaron a sua contrariedade ao arbitraxe ou calquera outra solución que non sexa a total restitución total dos cartos. Entre os afectados do Salnés hai pequenos aforradores e outros máis grandes, algún deles investiron ata 1 millón de euros en participacións preferentes. Tamén dixéronnos que algúns dos directores, os menos, das sucursais non tiñan nin idea de onde se metían e incluso están entre os afectados, eles ou familiares e amigos.
Outros nenbargantes e tras ler polo miúdo os contratos desaconsellaron a inversión nestes productos e víronse relevados do seu posto de direccción a unha escala máis baixa.
O pior da protesta foi a prepotencia con que algúns dos membros das forzas de seguridade ou Protección Civil (foto superior) se comportaron con estes pacíficos “manifestantes” que o único que fixeron foi arrincar aplausos e vítores por parte de persoas sensibilizadas co colectivo e a sua problemática.
O colectivo prepara novas mobilizacións en actos multitudinarios coma o de onte en Cambados. No momento de escribir esta nova estase a celebrar a primeira corrida da Feira da Peregrina en Pontevedra i según nos contaban estos afectados podería producirse ali a primeira das mobilizacións previstas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.