Segundo fontes cercanas a Alcaldía de Cambados e desmontando todas as hipótesis que circulaban polo noso povo a escultura do “insigne” Manuel Fraga non vai ser inaugurada durante a Festa do Albariño. Esas mismas fontes non quixeron dar os motivos do que parecía era un feito. A idea inicial era inaugurar dita estatua durante o Xantar de Confraternidade que se vai celebrar coma todos os anos o primeiro domingo de agosto.
Dende este blog podemos dar varios motivos de tal aprazamento. Un dos motivos principais sería que tras o acontecido na inauguración o pasado mércores e, a raíz do eco que tivo na prensa, a mobilización en contra a estatua o Concello por medio do seu Alcalde non quería ter que lidiar con outra protesta como a acontecida o dia primeiro de agosto coa negativa repercusión, de cara a polémica estatua, que tivo na prensa que informa, non coma outra que está ao servizo do poder. Outro dos motivos era que quizás non estivese rematada a tempo ou que o emplazamento inicial non fora o axeitado. Recordemos que ao parecer íase instalar nos xardíns interiores do Pazo de Torrado e dado que alí é onde se fai o Xantar, quizás algunha Confraría foránea no ía a estar moi a gusto e informara de maneira negativa sobre o noso povo.
Por outra banda sinalar que coma o ano pasado os Concelleiros do B.N.G. non asistirán ao Xantar i este ano súmanselles os do P.S.O.E. que incluso piden que os cartos dos seus pratos sexan donados a institucións benéficas. Recordemos que o B.N.G. pideu fai uns dias a cancelación do Xantar, como medida de aforro i en contra da convención Popular que é o que parece.De todos os xeitos tampouco faría moito caso do que din dende a Alcaldía pois esta xente é moi hábil a hora de confundir a os cidadáns. Pode ser unha maniobra de distracción.

2 comentarios:
resumindo, que hai estátua, que custou 15.000€ e que mais tarde ou mais cedo vai estar "enfeitando" a vila. non teño adxetivos para decir o que penso do sr. alcalde e compañia. que vergoña e que despilfarro nestes tempos
A estatua xa sabíamos que a están a facer.
15000 ou máis de gasto. So falta a ubicación de todos os xeitos como ben pon na nova todo pode ser un engano para evitar máis polémicas.
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.