Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de agosto de 2012

A XUNTA NON AVANZA NO CONFLICTO DE ALFAGEME




Sindicalistas e membros do comité de empresa de Alfageme encerráronse na Consellería de Industria para reclamar unha reunión con responsables do departamento da Xunta ou o Igape para resolver a situación da factoría, que se atopa en concurso de acredores.


Unha das moitas protestas anteriores

Un portavoz dos encerrados sinalou que é preciso que a Xunta libere os avais concedidos por 30 millóns para poder proceder á venda da firma, xa que existe un comprador que se comprometeu a manter os postos de traballo.

Agregou que a Xunta mantivo durante este conflito que procedería liberación cando houbese unha sentenza firme sobre o caso, da que xa se dispón desde hai unhas semanas.

Os traballadores demandan agora ser recibidos por responsables da Consellería ou do Igape para que se cumpra aquela condición e poida continuar a actividade coa totalidade dos traballadores nas factorías en Ribadumia e Vilaxoán.

As fontes explicaron que "os tempos son moi importantes" para evitar a poxa e que se desenvolva o compromiso adquirido coa Xunta e o Consorcio Conserveiro, que sería o comprador. Dita empresa xa amosou a sua preocupación pola tardanza e ameaza con retirar a sua oferta cansos de tanto agardar a que a Xunta incompetente dea os pasos que ten que dar.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.