Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de julio de 2012

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS DENUNCIAN O DEFICIENTE SERVICIO DE RECOLLIDA DE LIXO



OS SOCIALISTAS CAMBADESES DENUNCIAN QUE O VIDRO DOS CONTEDORES LEVAN SEMANAS SEN SER RECOLLIDOS

Rafael Blanco di que «temos o recibo do lixo máis caro, e o servizo  menos eficaz na súa recollida».

Os Socialistas cambadeses veñen de denunciar que a recollida de vidro leva semanas sen facerse, os contedores están colapsados e orixina que, ante a falla de espazo, os cidadáns acaben depositando vidro noutros contedores distintos. E todo por non facerse unha recollida eficaz do mesmo.

O Portavoz Socialista Rafael Blanco insiste en que en Cambados pagamos máis por unha menor eficiencia na recollida de lixo. E ven xa de tempo atrás, non é nada novo e pódese consultar a hemeroteca. E no caso do papel e cartón pasa exactamente o mesmo.


Asimesmo destacan que calquera pode ver como bolsas do lixo, tanto de vidro como doutras categorías, apílanse fóra dos contedores por falla de espazo e pola escasa periodicidade na súa recollida selectiva. Esta cuestión é especialmente preocupante no verán xa que coas altas temperaturas a degradación de restos orgánicos e lixo en xeral, é moito máis rápida e causa unha maior afectación nas nosas rúas do casco histórico moi concorridas.
Blanco engade que se atendemos ao que o Alcalde vende en prensa temos o mellor servizo, pero basta con darse unha volta polas instalación soterradas para comprobar como saen por fóra as botellas e outras tipoloxías por falla de recollida en tempo e forma. Polo tanto, en publicidade 10 en recollida real 0.


Os Socialistas cambadeses denuncian que reciben, un día si e outro tamén, denuncias e reclamacións de veciños que están molestos pola ineficacia dun sistema que deberá ser a base dun modelo de sostenibilidade e polo que levamos apostado dende fai moitos anos, pero ao que lle resta moito para ser realmente eficaz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.