A CIG proporá a UGT e CC.OO. convocar unha nova folga xeral o 26 ou o 27 de setembro, segundo informou o sindicato, que tomou a decisión nunha reunión da súa Executiva Confederal celebrada este luns.
A proposta trasladarase a UGT e CC.OO. o próximo xoves, nunha reunión prevista en Santiago entre os tres secretarios xerais das centrais sindicais, á que está previsto que acudan os secretarios de Organización de CC.OO. e UGT a nivel estatal.
A xuízo da CIG, o anuncio da folga xeral debe facerse "de forma inminente", co fin de empezar a traballar "xa cun horizonte concreto", con novas mobilizacións preparatorias en agosto e setembro.

O sindicato nacionalista fixo "unha valoración altamente positiva" da "masiva participación" nas manifestacións da pasada semana. O secretario xeral, Suso Seixo, destacou que a participación galega "foi unha das máis altas do Estado", o que "demostra o nivel de sensibilización e de preocupación" existente na sociedade pola "dureza das medidas e do carácter regresivo destas".
É necesario, sostivo, dar continuidade ás protestas, tanto entre os empregados públicos coma con carácter xeral. Por iso, a CIG propón un calendario de mobilizacións para os próximos meses, que culmina coa convocatoria dunha nova folga xeral, que sería a segunda en 2012, o 26 ou 27 de setembro.
SEN DEMORA
En calquera caso, Seixo insistiu en que as medidas de recorte "son durísimas", polo que considera que deben ser respondidas "coa mesma intensidade". Por iso defende a necesidade de anunciar xa unha folga e non demorar a decisión. "Entendemos que non pode ir máis alá deses días, que non se pode dar máis tempo para anuncialo e que, en todo caso, non pode atrasarse, en tal caso, adiantarse," expuxo Seixo.
O que está a acontecer, continúa, demostra que "estas políticas de recorte do investimento público e do gasto público non só non están a servir para parar a política especulativa dos mercados coa débeda pública, senón que están a provocar que se acentúe". "Hai que optar por outras que axuden a reactivar a economía e crear emprego", defendeu Seixo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.