O
Concello de Cambados organiza duas visitas ao Gaiás co gallo da
exposición Gallaecia Petrea onde se poderán ver obras dos mellores
escultores de Galiza de sempre. Entre os autores atópanse os
cambadeses Francisco Asorey, Manolo Paz e Francisco Leiro.
A
primeira terá lugar hoxe dia 19 de xullo, e a segunda será o 9 de
agosto. Todo aquel cambadés que queira visitar a exposición onde os
mencionados artistas do noso povo teñen un protagonismo especial
poderánse informar no Concello de Cambados no teléfono 986.524.888
Esta
é unha exposición única onde podemos ver artistas de varias épocas
e diferente temática.
Por
outra banda indicar que aínda quedan prazas para os cursos de coiro
e as xornadas de kaiak e para inscribirse poden facelo na OMIX sita
no edificio multiusos da Merced. Tamén está programada unha
excursión a o AQUAPARK de Cerceda, poidéndose inscribir no mesmo
lugar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.