Dentro duns dias vaise celebrar en Cambados a elección da Raíña e as Damas do Albariño. Este “concurso” ou como se lle queira chamar provoca reaccións a favor i en contra. Dende este blog consideramos que, nos tempos nos que estamos donde a igualdade entre homes e mulleres é propugnada por todas as forzas políticas e sociais, non ten cabida un acto destas características. De todos os xeitos cada un é libre de facer o que lle pete, sen molestar a ninguén.
As persoas son libres de presentarse a estes eventos é nos non somos quen de recomendar ou prohibir que o fagan ou non.
Polo tanto nos informamos e opinamos e que cada quen obte polo que mellor lle pareza.
O ano pasado costoulles conseguir rapazas para o evento, pero movendo uns fios.............
O acto terá lugar o domingo 29 de xullo na Praza de Fefiñans a partires das 22:oo h..
A o remate terá lugar un concerto de ESTEBAN BATALLÁN (trompeta solista da Orquestra Sinfónica de Granada) co grupo MANSO E AMIGOS.
BASES
1- Só poderan participar rapazas empadroadas en Cambados.
2- Haberá dúas categorías: Raíña infantil (6 a 12 anos) e Raíña Maior (15 en diante).
3- O número máx. De participantes será de 5 por categoría.( de haber máis o xurado faría unha preselección)
4-Lugares de inscrición: Biblioteca Municipal e Oficina Zona Centro (rúa Orense). Data límite de inscricion o 20 de xullo.
5- O xurado estará composto por Asociacións de Mulleres de Cambados e socios de Zona Centro.
6- As rapazas que participenna elección para Raíñas e Damas recibirán do Concello de Cambados 50€ e as gañadoras de cada categoría serán premiadas ademáis cunha gratificación de 100€.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.