Resulta canto menos extrano que en tempos de verán e co bombardeo constante a o que nos someten as autoridades en canto ao aforro de auga, no Concello de Cambados se malgaste auga. Case tódolos dias de verán o gasto innecesario do líquido elemento no Parque de Torrado faise inexplicable.
Centos de litros por non decir miles malgástanse a cotío para limpar tanto as zonas de descanso coma as de xogo. Entendo que teñen que regar as zonas verdes pero onte, por exemplo, os xardíns non foro regados. Non era necesario. Outros dias con altas temperaturas tampouco se regan.
Para limpar as zonas de caucho onde estan os xogos bastaría con pasar un escobón, remataríase antes e non se malgastaría auga. O mesmo sucede cos camiños empedrados, coa zona donde xogan ao futbol e coa zona para exercitarse os maiores. Cecáis por mor do polvo algún dia poderíase mollar un pouco.
Este rego sen control tamén se fai no inverno, chova ou non. Outro detalle que chama a atención é a hora a que se fai o baldeado. Penso que en época de vacacións dos rapaces tirar auga as doce do mediodía no é a mellor hora. A esas horas sempre hai crios que van a xogar ao parque e que se atopan con columpios mollados, bancos mollados e a zona “biosaludable” tamén mollada.
Penso que non costaría nada facer ese traballo a primeira hora para que tanto veciños coma visitantes poidan disfrutar dun parque do que tanto presume o Governo Local. Si estivésemos sendo governados por outro grupo político, o PP criticaría o lamentabel estado no que se atopa. Baños desfeitos e que so se limpan cando o Xantar do Albariño, caucho desfeito, cables rotos ao alcance dos nenos, bancos sen barnizar, pasillos desfeitos etc etc.
Como xa publicamos dias pasados os 15.000 euros da estatua famosa, servirían parater o povo máis decente, sempre e cando se sepa o que hai que facer, non repartir a os traballadores para un lado ou outro sen máis





No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.