O Festigal vai celebrar a súa undécima edición en Santiago de Compostela con unha ampla programación na que estarán representados diferentes ámbitos da cultura galega.
O Campus Sur da Universidade de Compostela acollerá os vindeiros 24 e 25 de xullo un festival qur, ano a ano, cosolídase coma un referente da cultura e reivindicación de Galiza.
A música será de novo o prato forte dun Festigal no que tamén estarán presentes outros ámbitos coma a literatura, o audiovisual ou a artesanía. Polo escenario desfilarán grupos coma Ataque Escampe, Banda Crebinsky ou os franceses La Phaze.
Así, será o martes 24 de xullo cando suban o escenariodo campus universitario Ataque Escampe, Zënzar, Banda Crebinsky e La Phaze. Os de Nantes serán o único grupode fora que participará nesta XII edición.
O 25, Dia da Patria, será o turno para a banda galego-portuguesa De Outra Margem, que compartirá escenario con aCadaCanto,Sés e os noises Terbutalina.
| Banda Crebinsky |
A oferta cultural complétase coa presentación de varios libros co común denominador a unión da cultura e a lingua galega. O audiovisual tamén estará presente no Festigal 2012, coa proxección de varias curtas premiadas na última edición do Festival de Cans de hai unhas semáns celebrado en O Porriño(Pontevedra)
ASOCIACIOS CULTURAIS
As asociacións culturais terán, tamén, o seu espazo dentro do Festigal 2012, onde ata 30 colectivos nacionais e locais daránse cita na coñecida coma “Feira das Asociacións”
| Iria Aboi |
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.