Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de julio de 2012

DATOS DO PARO A NIVEL ESPAÑA


O paro reduciuse en Galicia en 7.405 persoas no mes de xuño e situouse en 269.203 traballadores, un 2,68 % menos que no mes anterior, segundo o Ministerio de Traballo.         A variación interanual foi de 35.646 persoas, un 15,26 por cento máis.

O paro baixou no mes de xuño en todas as comunidades autónomas e fíxoo especialmente en Baleares e Castela e León, con descensos do 6,35 e do 4,02 por cento.

No conxunto de España, o desemprego rexistrado nos Servizos Públicos de Emprego descendeu en 98.853 persoas, un 2,10 por cento máis respecto ao mes anterior, co que o número total de parados sitúase en 4.615.269.

Ademais de Baleares e Castela e León, as baixadas máis acusadas déronse en Cantabria (-3,78), Aragón (-2,82), Asturias e Galicia (-2,68 ambas), Cataluña (-2,43) e Castela-A Mancha e Estremadura, (-2,32 nos dous casos).


Pola contra, o paro descendeu en menor medida en Canarias (-0,87 por cento) e a cidade autónoma de Ceuta (-0,07 por cento).

En termos absolutos, o desemprego decreceu máis en Andalucía, en 18.079 persoas e en Cataluña, con 15.356 parados menos.

En canto á taxa interanual (últimos doce meses), o paro subiu en todas as autonomías, especialmente en Castela e León (18,41), Cantabria (18,22) e Asturias (17,47 por cento).








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.