| Cartel da polémica |
Segundo se
recolle no escrito remitido desde o Concello ao colectivo organizador da
V Concentración Moto Turística Internacional do Grove, que se vai
celebrar na vila os días 7 e 8 de xuño, a Secretaría Xeral de Igualdade
da Xunta de Galicia remitiu á administración local un oficio respecto
dunha denuncia por publicidade sexista que foi recibido o pasado 7 de
xuño. Ao día seguinte, a Xunta do Goberno Local acordou requirir ao
motoclub a retirada duns carteis nos que se emprega a imaxe dunha muller
ao carón da dunha motocicleta.
| Y. Reboiras competindo. |
Neste
requirimento da Xunta de Goberno tamén se indica que contra este
acordo, Sentolos Racing pode interpor un recurso de reposición ou ben
acudir directamente aos Xulgados do Contencioso Administrativo de
Pontevedra.
A
este respecto, Sentolos Racing xa manifestou a súa vontade de
interpoñer un recurso “inmediatamente” por non entender “as causas de
dita denuncia”. O presidente do motoclub, Yamandú Reboiras confirmou que
ademais deste recurso, neste colectivo estudarán tamén levar a cabo
“algunha medida de protesta” contra unha decisión que consideran
“ridícula” e que “non ten sentido ningún”.
Unha
decisión que, na opinión de Reboiras, tivo a súa orixe na denuncia dun
particular á Secretaría Xeral de Igualdade. Pero será contra o Concello,
que é quen dita o requirimento, contra o que terán que interpoñer o
pertinente recurso no prazo estipulado, como confirmou o alcalde, Miguel
Ángel Pérez, quen explicou tamén que esta cuestión foi trasladada á
Xunta de Goberno pola concelleira responsable da área de Igualdade, Aida
Filgueira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.