| Baión |
Consellería
de Medio Ambiente e Deputación de Pontevedra acaban de asinar un
convenio co que pretenden dar un novo impulso ó Plan Umia. O acordo
contempla a mellora ecolóxica da zona baixa do río, restaurando os
sendeiros que se estenden ó carón do leito para evitar a súa erosión e
habilitando a zona para o goce da poboación.
| Cabanelas |
Segundo
figura no acordo, Augas de Galicia redactará os proxectos das
actuacións e tramitará dos procedementos precisos para licitar as obras.
A Depuación encargarase de executalas. Os traballos comezarán á altura
de Ponte Cabane,as-Ponte Arnelas para seguir río arriba ata o concello
de Caldas de Reis.
| Caldas |
O
convenio asinado estará vixente durante catro anos coa posibilidade de
prorrogalo mediante a sinatura da correspondente addenda. Todas estas
actividades irán acompañadas dunha campaña de sensibilización para que a
poboación se conciencie da importancia de coidar este entorno coa fin
de mellorar a calidade da auga do Umia, un río, que como lembrou o
presidente provincial, da de beber a máis de cen mil persoas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.