Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de junio de 2012

A EUROZONA, GRECIA E A CAIDA DE RAJOY?





Despois de tantas declaracións de economistas, políticos, xornalistas e tamén da xente da rúa sobre as orixes da crise un non pode máis que pensar que un dos factores principais e a falta de unión dos intereses don integrantes da Europa do Euro. Os que se consideran a salvo pensan que a crise non lles afecta ou faino en moi pequena medida, que non lle vai a chegar a auga ao pescozo. E os que están no fundidos, pouco ou nada poden facer por eles mesmos.




A Eurozona precisa un tremor a gran escala para espertar. Agardemos que sexa o temor as consecuencias das eleccións gregas e non sexa pola caída de España. Polas declaracións de Mariano Rajoy do sábado podemos pensar que España vai sair pronto da crise. O malo é que pouca ou moi pouca xente cre en Rajoy. E moi triste que en seis meses un presidente dun Governo perda o crédito incluso entre os seus máis forofos seguidores.




 Vendo a xente da que se rodeou non é dificil de entender esta situación. Presidentas de Comunidade que só queren o mellor para elas mesmas, so pensan na sua rexión, mesmo parece separatistas, outras Presidentas que se conforman con colocar ao seu esposo nun posto bo e non perder ellas a inxente cantidade de cargos remunerados.


 Ministros que recortan e recortan en educación, en sanidade, nos soldos de outros pero o Ministerio de Defensa non se recorta e por riba quérenlles cobrar o rancho as tropas. Ministros coma o de Xusticia que non di nada sobre o asunto de unificar Partidos Xudiciais para aforrar cartos e perder rapidez na impartición de Xustiza e tampouco opina  nada dun tal Sr. Dívar....etc......etc.






Incluso a prensa máis achegada a os populares está a darlle a espalda a Mariano e compañía.


Así non é de estranar esa perda de credibilidade e apoio social.



























No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.