Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de junio de 2012

1ª RUTA DO VIÑO ALBARIÑO


Os próximos dias 23 e 24 de xuño celebrarase O 1º TRÍPTICO RUTA DO ALBARIÑO en Cambados.






Esta mañá foi presentada a I Ruta do Viño Alabariño. Trátase dunha competición dirixida a categorías juniorsub-20 e master que se disputará esta fin de semana. A súa peculiaridade, é que a diferencia doutras probas semellantes que se celebran nun único día, esta contará con varias etapas.



En momentos de crise poden seguir nacendo eventos deportivo. É o caso da Ruta do Viño Albariño que se celebra esta fin de semana no Salnés. A carreira está organizada polo Club Ciclista Cambados e conta coa colaboración do propio concello, Deputación e Concello de Meaño. De feito, Meaño terá un protagonismo especial coa disputa de dúas etapas: a primeira o sábado pola mañá cunha cronoescalada ó Alto de O Busto, de tres quilómetros, e a segunda, pola tarde, con saída e chegada na propia localidade, cun percorrido por varios puntos do Salnés de 54 quilómetros. A terceira tirada, na que se decidirá o campión terá inicio e fin en Cambados, cun percorrido de 69 quilómetros.


Todo isto será para as categorías Junior e Sub-20, mentres que os Master realizarán percorridos semellantes, pero algo máis longos. Sen embargo os protagonistas serán os máis xóvenes, os Junior, que se levarán os premios máis cuantisosos, tentando incentivar que os equipos traballen para eles, ademais de encher un oco baleiro nesta categoría, na que apenas desfrutan de voltas por etapas.


Na presentación estiveron entre outros o alcalde de Meaño, Jorge Domínguez, e representantes da Federación Galega de Ciclismo. Tamén acudíu Gustavo César Veloso, que este venres afronta o Campionato de España de Contrarreloxo.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.