Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de junio de 2012

O CONCELLO DE RIBADUMIA SO TEN UNHA BANDEIRA




O Concello de ribadumia tan so ten a bandeira de España colgada nos mastis da sua FACHAda
Carta de Enrique Oubiña Lago Concelleiro de Ribadumia.

 O concelleiro Enrique Oubiña expuxo esta maña  via escrita a situación anticonstitucional na que incurre o PP de Ribadumia o non mostrar a bandeira autonómica  e a do concello xunto coa española no edificio do concello dende fai mais de tres semanas.

 Para Enrique Oubiña  “ é triste que os membros do PP local, que se erixen como grandes defensores da constitución española, sexan os primeiros en desprezala, en particular no seu  punto 4.2 e  a lei 39/1981 do 28 de Octubre, retirando as bandeiras de Galicia e do noso concello, xa por non falar da bandeira da Comunidade Europea”, que tampouco ondea no Concello (o que nos fai supoñer que agora son “euroescépticos”).

Por ese motivo, esta maña o propio concelleiro Enrique Oubiña presentou un escrito esixindo a inmediata reposición das bandeiras que faltan nos mástiles da casa consistorial e a desculpa publica da alcadesa Salome Peña. Añade Enrique Oubiña que “se por casualidade, a alcaldesa pretende usar a escusa de certos  partidos nacionalistas de que as bandeiras foron retiradas para lavar, que enton faga o mesmo coa española, que por moito que Rajoy agora se entregue a bandeira de Alemania salvo para mirar o futbol, a española  tamén ten dereito a ser lavada de vez en cando”.

 Enrique Oubiña quere o mesmo tempo criticar os outros partidos da oposición local, pois “inda que era de esperar que o psoe non dixera nada dado que é un partido que abandonou  os galegos da mesma maneira que o partido popular, chama a atención que o concelleiro nacionalista manteña silencio sobre este asunto, sobre todo  se temos conta a súa suposta ideoloxía politica, o cal nos leva a pensar que neste concello comezamos a sufrir tamén na oposición o mesmo mal que en moitos concellos galegos, onde a política se fai dende o sofa do salón da casa”.

José Enrique oubiña Lago.  En  Ribadumia, a dia 19 de Xuño do ano 2012


Asi estaba onte a fachada do consistorio





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.