A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, a composta por CCOO-Ensino, FETE-UGT e CSI-F, Confapa, Iesga ou o Sindicato de Estaduantes, rexeita o Decreto da Xunta de admisión.
A Plataforma en Defensa do Ensino Público advertiu de que a
proposta do decreto de admisión de alumnado da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria dá pasos para permitir que sexan os
centros os que creen os seus propios criterios e escollan os
estudantes, en lugar de garantir a "libre elección".
En rexeitamento á redacción actual do texto, un grupo de representantes da Plataforma protagonizou unha protesta ante a sede do Consello Escolar de Galicia, co lema 'Coa educación non se xoga', e onde se debate o devandito decreto este martes.
En concreto, a entidade que aglutina diversas organizacións sindicais, de ANPA e representantes estudantís, critica que Educación abre a vía a que os centros poidan dispoñer dun punto que pode rematar por determinar a admisión de alumnado "con determinadas características".
José Fuentes, de CC.OO. Ensino, criticou que ese punto a maiores "en moitos casos" vai determinar que o centro escolla o alumnado en lugar de "á inversa". Deste modo, advirte de que o texto debe "garantir en realidade a liberdade de elección" por parte do estudante e non "por parte do patrón da privada". "Baixo o eufemismo de libre elección de centro dos pais escóndese que os centros poidan elixir alumnado", incidiu.
Por outro lado, apuntou o feito de que no texto se "deixe de falar da gratuidad de prazas públicas absoluta" en centros sostidos con fondos públicos e que en anteriores normas se establecía que "non se podía cobrar" ningunha actividade salvo extraescolar ou voluntaria, e que "este decreto obvia".
En concreto, demandan que o alumnado se reparta "de forma equilibrada" e advertiu de que se un centro pon criterios para "impedir" o acceso de novos con necesidades educativas específicas e que se o texto o permite pode ser un "gran problema".
Así mesmo, criticou as emendas da patronal nas que piden zona educativa única de elección e que puntúe igual vivir ao lado do centro que residir a seis quilómetros. Por iso, o decreto debe fomentar unha "distribución equilibrada" que conxugue o dereito de elección coa planificación educativa.
Raúl Gómez, de FETE-UGT, criticou que Educación utilice como escusa" unha sentenza contra o anterior decreto do ano 2007 para a redacción deste anteproxecto, e criticou que "intenta esquivar" a Lei Orgánica de Dereito Educación ou a Lei de Normalización Lingüística. "Queremos mostrar o noso rexeitamento e que se respecte o dereito dos pais a elixir centro en igualdade de condicións e sen discriminación", insistiu.
Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público formada por CIG, BNG, Galiza Nova, Liga e AS-PG entre outrasorganizacións tamen rexeitan o Decreto.

Para CIG-Ensino “O desenvolvemento do Consello de Escolar puxo en evidencia a entente entre a Administración educativa e a privada concertada -explica Anxo Louzao, Secretario Nacional da CIG-Ensino. Este decreto está pensado para o beneficio da privada concertada na medida en que flexibiliza a norma para facilitar a escolarización nos centros concertados e que estes poidan ter criterios laxos que poidan usar ao seu antollo”, engade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.