Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de junio de 2012

GALICIA PETREA CON SABOR CAMBADES






Máis de 3.000 persoas visitaron a exposición 'Gallaecia Petrea' na súa primeira fin de semana de exposición no Museo de Galicia, situado na Cidade da Cultura.


Segundo informou a Xunta, dende a súa inauguración o venres 15 de xuño e ata o domingo 17 un total de 3.171 visitantes puideron admirar as obras reunidas por primeira vez nunha mostra que pretende ser unha "homenaxe" á arte e á cultura galega.

Gallaecia Petrea permanecerá aberta ao público dende o 15 de xuño ata o 15 de decembro, a excepción deste venres, 22 de xuño, con motivo do concerto que a artista islandesa Björk ofrecerá na Cidade da Cultura, para facilitar a organización do evento.

O Museo de Galicia pode visitarse todos os días da semana en horario ininterrompido de 11.00 a 20.00 horas. A entrada ten un custo xeral de catro euros, cun 50 por cento de desconto para estudantes, familias numerosas, minusválidos, posuidores do carné novo e grupos de máis de 20 persoas. A mostra será gratuíta para os menores de 18 anos, desempregados e xubilados, así como para todo o público os mércores.


A mostra, comisariada por Miguel Fernández-Cid, articúlase a través de seis espazos diferentes, agrupados por períodos históricos e por disciplinas, de forma que o visitante poida percorrer o fío da historia da pedra en Galicia na xeoloxía, a prehistoria, Roma, o Medievo, a arte moderna e a arte contemporánea.

No primeiro dos apartados os responsables da mostra quixeron poñer atención no aspecto máis básico da presenza da pedra en Galicia, a súa propia xeoloxía, con elementos como a primeira colección de pedras de Galicia, a de Guillermo Schulz, que se expón por primeira vez ao público; ou a litoteca e o mapa en relevo de Laxe de Parga Pondal

Na sección dedicada á prehistoria pódese ver un petroglifo cedido polo Museo de Pontevedra, así como a Lousa do Peixe do castro de Formigueiros, en Samos (Lugo); ou o Ronsel de Pedra Alta, de Castrelo do Val (Ourense).

Tamén a influencia romana en Galicia e o norte de Portugal ten a súa cabida nesta exposición. Nas salas nas que se atopan estas pezas, os visitantes poden ver unha grande cantidade de mostras de diverso tipo, como estatuas bélicas, utensilios de uso cotián, elementos funerarios, miliarios e columnas e capiteis.


A continuación, o visitante intérnase no uso da pedra durante o Medievo, cunha selección a cargo de José Carlos Valle Pérez que intenta mostrar o "esplendor" desta época en Galicia, cando se constrúen obras como o compostelano Pórtico da Gloria.

No Museo de Galicia atopan, por exemplo, o tímpano da Igrexa de San Xoán de Palmou, de Lalín (Pontevedra), desaparecido e reatopado nunha poxa, así como a figura da Virxe do Leite, procedente de Pontevedra; ou unha figura sedente procedente do contorno da cripta da Catedral de Santiago.

No ámbito da época moderna, Gallaecia Pétrea propón un percorrido audiovisual por elementos de grande tamaño que non puideron ser transportados ata o Gaiás, como é o caso da capita do Hostal dos Reis Católicos, un dos conxuntos máis representativos de pedra calcaria da época.

Alí, non obstante, si atopa un nutrido conxunto de esculturas neste material, moitas delas procedentes de Portugal, tales como a Santa María Madalena de Braga ou 'A Medicina', peza do Museu Nacional Machado de Castro de Coímbra.

Para concluír, a exposición alberga unha colección de pezas artísticas contemporáneas dos séculos XIX e XX que o seu comisario, Miguel Fernández Cid, escolleu por ser "incontestables".

Entre elas, atópase o 'Guerreiro Celta' de Narciso Pérez Rey; o 'Leviatán' de Francisco Leiro --creada para esta exposición-- ou a 'Nube' de Manolo Paz, entre outras pezas de artistas como Asorey ou Faílde.

Como vedes os autores cambadeses están moi presentes na mostra, polo que o concello de Cambados fletará autobuses, para ver a exposición durante o verán.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.