Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de junio de 2012

HOMENAXES, PPAPATORIAS E OUTRAS COUSAS








Fai uns dias leíamos na prensa que o ex-presidente da Deputación da Ourense trala sua retirada da primeira liña da política activa vivía unha apacible vida paseando por Ourense cos seus netos, levándoos ao colexio e a os parques, o que se di, facendo as labouras dos avós desocupados.




O que fora durante máis de 20 anos o home máis poderoso de Ourense ata que presentou a renuncia o pasado 27 de xaneiro recibeu unha homenaxe durante unha comida cos traballadores da Deputación, tendo en conta que neses 20 anos de mandato adicouse a ir metendo a familiares, familiares de
amigos e simpatizantes populares (así el o recoñeceu) a traballar nesa Deputación, non é de extranar que asistiran un bo número de persoas a devandita comida.


Agora váiselle tributar outra homenaxe. Será o 23 deste mesmo mes en Expourense. Os promotores da homenaxe presentáronse no seu dia como unha comisión cidadá e apolítica coa única intención de reconocer a labor de Baltar ao frente da entidade provincial. Eso sí, tendo en conta que Baltar (fillo) é
presidente do PP ourensán, o partido non podía quedar ao marxe de dito acontecemento.


 Dende a actual dirección do partido chamóselles a os rexidores populares da provincia para que foran pasando pola sede provincial para retirar as invitacións que teñen asignadas para vender entre afiliados e simpatizantes. Algúns, que se fan máis remolóns reciben un novo aviso claro e conciso: “Pasa a recoller as tarxetas que tes aquí ao teu nome”.
Todo isto recórdame a cando na nosa comarca hai actos do PP ou de alcaldías governadas polo partido da gaivota. En calquera inauguración, pegada de carteis, festa, visita dun Conselleiro, mítin ou calquera outro tipo de actos, nas fotos aparecen os Alcaldes ou xefes locais do partido do resto de Concellos da comarca, traballadores do Concello en cuestión, amosando unhas caras de ledicia para envexa do persoal que non pasa polo aro. Sempre para que se vexa que hai moita xente neses actos.




Tamén me recorda ao asunto da estatua a Fraga, pero aquí é ao revés, o que escomenzou como unha homenaxe institucional trocouse nunha iniciativa de carácter vitivinícola “popular”.


Haberá que preguntar ao autor da famosa estatua que lle encargou o traballo, se foi dende a Alcaldía ou foron os adegueiros. Pero sin saber os cartos con que contaban o normal sería pedir un presuposto e despois facer a estatua.




                      OU NON?




















No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.