O policía local de Vilagarcía, o cambadés Benito Romero, que sufriu un disparo accidental cando limpaba a sua arma, recibirá en breve a alta médica tras pasar por unha situación crítica na que os médicos temeron pola súa vida dado que estivo por dúas veces en parada respiratoria.
Romero, que sufriu o accidente cando facía a quenda de noite o pasado 21 de maio, declarou en conversación telefónica desde a súa habitación no Hospital Montecelo, que xa está a desexar regresar á actividade habitual.
Benito Romero que é un axente moi apreciado no municipio polo seu labor profesional e porque, ademais, imparte cursos dirixidos aos mozos, sufriu dúas intervencións nas que lle extirparon o bazo.
A bala tamén lle afectou ao pulmón e un ril, cando se descubriu o seu estado tras o accidente perdera moito sangue e tiña as constantes vitais moi baixas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.