Así, en A Coruña, máis dun centenar de persoas, convocadas por Comisións Obreiras (CC.OO.) e UGT, manifestáronse con berros de "máis traballo na Xunta de Galicia" ou "servizos públicos de calidade" e portaron unha pancarta na que se podía ler 'Queren acabar con todo. Cos dereitos sociais e laborais'.
As concentracións baixo o lema 'O estado do benestar é o teu dereito. Defende o público', que reuniron máis de 900 persoas --segundo datos dos convocantes--, tamén se desenvolveron diante dos edificios administrativos da Xunta en Lugo, Ferrol, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago, e en Vilagarcia.
En declaracións a Europa Press, o secretario xeral da Federación de Servizos á Cidadanía (FSC) de CC.OO., Ramiro Otero, explicou que estas protestas pretenden denunciar as "políticas de desmantelamento do estado do benestar que está a facer o PP" que "criminalizan" aos empregados públicos "poñendo en entredito se traballan ou deixan de traballar".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.