Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de junio de 2012

XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE FAI BALANCE





Nos tempos que corren onde escasean as boas novas estes dia recibimos en Cambados a boa nova do descenso no números de delitos cometidos durante o primeiro trimestre do 2012. Si durante os tres primeiros meses do 2011 se cometeran 134 neste ano a cifra baixou ata os 117. Tendo en conta que do 2010 a 2011 incrementáranse de forma moi elevada, este descenso era algo co que xa contaban as autoridades.

O que si sube e o número de detencións, pasando de 44 a 51, que segundo explican dende o Concello de Cambados (autobombo), pódese deber a unha maior eficacia das forzas da lei.
Estes datos foron entregados pola Garda Civil de Cambados o pasado mércores na Xunta Local de Seguridade.


Neste informe detállase polo miúdo o tipo de delitos cometidos. Destaca a cantidade de delitos cometidos contra o patrimonio, con un total de 144, 16 de lesións e15 contra a seguridade colectiva.
En canto a violencia no ámbito doméstico prodúxose un descenso no número de denuncias, algo moi común con outros Concellos próximos.


Un total de 11 denuncias por este motivo recibíronse no cuartel da Benemérita local. As causas do descenso, explican dende o Concello poden deberse a unha maior concienciación das vítimas o que pola
crise sexa máis difícil romper a parella."Algo bo ten a crise"

En xullo a Xunta Local ten prevista unha nova reunión para tratar o operativo a levar a cabo durante o verán e sobre todo durante a Festa do Albariño 2012.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.