Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de mayo de 2012

A RUTA DO VIÑO COMEZA O 26 DE MAIO



        A xornada foi presentada o xoves pola secretaria xeral para o                 Turismo, Carmen Pardo, e polo presidente do C.R.D.O. Rías Baixas.
 


O vindeiro 26 de maio será xornada de portas abertas nas rutas dos viños de Galicia. Será a primeira vez que se organice unha actividade de enoturismo de xeito simultáneo e conxunto nos cincos grandes territorios vitivinícolas, entre os que se atopa a Denominación de Orixe Protexida Rías Baixas. Durante esta xornada poderanse visitar 72 adegas e un total de 31 restaurantes ofrecerán menús enograstronómicos.

No territorio da D.O. Rías Baixas, 21 adegas e 8 restaurantes adheríronse a esta xornada de portas abertas. O 26 de maio, ‘Día da Enograstronomía de Galicia’, como o bautizou José Ramón Meiriño, presidente do Consello Regulador de Rías Baixas, tamén haberá moitas propostas adicionais como visitas guiadas e gratuítas. A D.O Rías Baixas organizou, por exemplo, unha xornada de portas abertas no Museo do Viño de Cambados, e ademais establecementos de aloxamento como Casa Mariñeira de Lourdes e Lagar da Costa, de Cambados farán ofertas especiais. Outra proposta especial para o 26 de maio será o 1º Desafío Rías Baixas.

Esta Xornada de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia enmárcase no Plan de Turismo Enograstronómico de Galicia, aprobado o 3 de maio polo Consello da Xunta. A estratexia é crear productos turísticos para reforzar a marca turística de Galicia. Precisamente, con esta xornada bota a andar o novo producto Paseando entre viñedos e o primeiro obxectivo é divulgalo entre os galegos.


Carmen Pardo destacou que en galicia existen máis de cinco mil restaurantes e máis de 200 industrias agroalimentarias, das cales o 60 por cento son adegas. Con esta oferta, e coa promoción que poñen agora en marcha, considera que Galicia pode chegar a ser número un en destinos gastronómicos.



1 comentario:

Anónimo dijo...

Toda a información coas adegas e restaurantes participantes nesta xornada de actividades simultáneas nas cinco Rutas dos Viños de Galicia do 26 de maio na ligazón: http://bit.ly/JCv9Su. Ademais, tamén podedes participar no sorteo de 5 menús enogastronómicos para ese día: http://on.fb.me/L9LXmJ

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.