Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de mayo de 2012

CON DE XIDO CUMPRE 25 ANOS




A Asociación Cultural Con De Xido foi fundada en 1987 por un grupo de pais afeccionados á música e ao baile galegos. A súa primeira actuación realizouse o día 3 de maio daquel mesmo ano coincidindo coas festas patronais de Santa Cruz de Castrelo. Polo tanto, o pasado dia 3 deste mes celebrou o 25 aniversario da súa estrea.


 Na actualidade conta con arredor de 60 compoñentes, entre os membros activos do grupo emailos asistentes ás clases de gaita e percusión, e as de baile.
A asociación realiza todos os anos diversas actividades, como o Festival de Baile Rexional, que se celebra no mes de maio, e que este ano coincide o próximo día 20, coas actuacións do grupo folclórico Penaguda, Danzantes de Cobas, Grupo de baile Xamaraina de A Garda e A.C. Con de Xido.


Tamén levan a cabo actuacións ao longo de todo o ano en distintas localidades da provincia, ademaís de intercambios culturais con diferentes grupos de todo o territorio nacional, como Pais Vasco-Francés, Mallorca, Barcelona, Toledo, Valladolid, Alicante, Ibiza, A Bretaña, en Francia, Hamburgo, en Alemania, etc..


Con de Xido gravou actuacións en varios programas da televisión, como “Desde Galicia para el mundo”, de TVE, Luar, A Solaina, Vaia Troula, así como emisións especiais para a Festa do Albariño da TVG, e algún programa de Tele Salnés.

Programación especial
Durante este ano, debido a que a asociación celebra o seu 25 aniversario, vai poñer en marcha unha programación especial para conmemorar estas vodas de prata. Vanse realizar, en distintasd datas a concretar, exposicións de fotografía coa historia do grupo, exposicións dos traxes cos que conta o grupo (traxes de gala, de faena ou de diario, etc..). Tamén pretenden organizar un gran festival con todos os grupos cos que teñen realizado intercambios, probablemente no mes de outubro, pero aínda están pendentes de concretar fechas.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.