Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de mayo de 2012

UNETE A VOLTA




O Concello espera reunir a máis de 2.500 persoas na Festa da Bicicleta que se celebra o domingo 6 de maio. Nesta 21º edición Unipublic instalará na praza de Fefiñáns os arcos e o podio oficiais da Vuelta a España. Este ano chamarase "UNETE A VOLTA" no canto de Festa da bicicleta.
Ademáis de pantallas xigantes que proxectarán vídeos sobre as etapas da proba ciclista que pasarán pola provincia de Pontevedra.
A partir das dez da mañá deste domingo Cambados unirase á Volta.



 Desde o Concello confían en repetir como a localidade galega con maior participación nesta festa da bicicleta. E a elo contribuirá o equipo de goberno local, co alcalde á cabeza, e mailo presidente da Deputación de Pontevedra.
O percorrido será o mesmo de edicións anteriores, con entrada e saída na praza de Fefiñáns, o mesmo lugar de onde partirá o 29 de agosto a contrarreloxio da Vuelta a España. De novo haberá sorteos, de bicicletas e diverso material deportivo e premios, por exemplo para a familia máis numerosa ou ó participante de maior idade. 


A partir do sábado colgarase en Internet unha web "www.uneteavolta.depo.es" na que se recollerá toda a información das 19 marchas ciclistas que organiza a Deputación durante este mes na provincia e sobre itinerarios e demais detalles do paso da Volta a España por Pontevedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.