Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de mayo de 2012

LUDOTECA DE VERÁN EN CAMBADOS




  
O Concello abre o prazo de inscripción –dende o día 1 ata o 15 de xuño- para todas aquelas familias que desexen acollerse á ludoteca de verán que se vai poñer en marcha, por cuarto ano consecutivo, como servizo de apoio á conciliación da vida familiar coa laboral. A ludoteca funcionará dende o 2 de xullo ata o 31 de agosto, véspera do novo curso 2012-13.


As familias interesadas neste servizo deberán presentar as súas solicitudes no rexistro municipal  a partir deste venres. Como en anos anteriores, ofértanse 100 prazas para nenos e nenas de 3 a 8 anos. Á hora de cubrir estas prazas vaise dar prioridade ás familias monoparentais e aquelas nas que traballen o pai e maila nai. Cando presenten a instancia, os pais que traballan deberán acreditalo.
Tamén terán prioridade os rapaces empadroados en Cambados; os que xa participaran na ludoteca en anos anteriores; os que se inscriban para os 2 meses do verán; así como os que levan todo o curso inscritos na gardería. Os prezos serán de 50 euros mensuais polas actividades, e 50 euros máis para aqueles que utilicen o servizo de comedor.


A resposta dos proxenitores foi moi positiva nos pasados veráns, pois era unha necesidade ante a dificultade de compatibilizar o traballo co coidado dos fillos. Na primeira edición acolléronse arredor de 60 rapaces pero o éxito desta iniciativa e a elevada demanda obrigou a ampliar a inscrición ata as cen prazas.
De 9 a 14 horas, ou ata as 15 con comedor
Na aula habilitada para este cometido os rapaces desenvolven un amplo programa de actividades lúdicas, divididos en grupos por idades, nun horario de 9 a 14 horas pola mañá. Isto permite que os pais e nais poidan acudir  aos seus respectivos traballos deixando os seus fillos perfectamente atendidos por monitoras cualificadas.




Esta iniciativa municipal surxiu coa intención de respostar a unha necesidade que afecta a numerosos pais e nais de familia. Os beneficiarios expresan a súa satisfacción por esta nova prestación, que lles permite conciliar a vida familiar coa laboral durante o verán, xa que non tiñan con quen deixar aos seus cativos. O servizo vai na mesma linea que o Plan Madruga, que se desenvolve en varios colexios cunha crecente demanda.
O alcalde, Luis Aragunde, valorou moi positivamente esta experiencia iniciada no verán de 2009, en colaboración coa empresa adxudicataria da gardería, que foi do agrado das familias, como o proban as numerosas inscricións e as chamadas recibidas no Concello para interesarse pola continuidade. O servizo de comedor facilita que os nenos poidan xantar completando o horario ata as 15 horas.


O que non explica o alcalde se conta co informe favorable do Claustro do Colexio da Pastora. En anos anteriores as mestras opoñiánse a desmantelar varias aulas co perxuicio que supoñía. As aulas deben quedar totalmente valeiras e aínda que son pequenas pero teñen moito material que se perde por culpa dos traslados. Noutros anos  ofrecíase a posibilidade de usar o colexio Magariños pero dende o Concello e a gardería excusábanse decindo que non tiñan comedor. Este ano xa hai comedor no colexio......que excusa porán?
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.