Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de mayo de 2012

VOLVE SUBIR O PARO



Galicia é unha das comunidades onde aumenta o paro rexistrado nos servizos públicos de emprego. Segundo a información proporcionada hoxe polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, en abril aumentaron os parados galegos en 849 novos inscritos. No conxunto de España descendeu en 6.632 persoas.


Hai 277.644 demandantes de emprego en Galicia. A EPA da pasada semana cifraba en 265.000 os parados na comunidade.
No conxunto de España, o paro rexistrado nos Servizos Públicos de Emprego caeu en 6.632 persoas respecto de marzo, tras oito meses consecutivos de subidas, polo que se situou o número total de parados en 4.774.235.
A afiliación media á Seguridade Social en abril situouse en Galicia en 943.533 persoas, 42.309 menos que un ano antes, segundo o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.


A variación interanual da taxa de afiliación situouse nun -4,29 por cento. A media de afiliacións por sectores foi de 691.007 no xeneral; 216.013 en Autónomos; 22.836 en Mar; 1 en Carbón; e 13.677 en Fogar.
O número de afiliados á Seguridade Social subiu en abril en 16.549 persoas respecto de marzo e sitúa o total de adscritos en 16.919.079, segundo informou hoxe o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Respecto de abril de 2011, a Seguridade Social ha perdido 555.122 ocupados (o 3,18 % menos). No réxime xeral, o aumento mensual foi de 34.728 ocupados, o 0,26 % co que o réxime por conta allea rexistra unha media de 13.601.522 afiliados. As maiores subidas producíronse en hostalería (49.603) e actividades administrativas e servizos auxiliares (2.507), mentres que os principais descensos foron os de construción (14.994), industria manufacturera (12.095) e administración pública (9.117).

Segundo estos datos os galegos seguimos agardando polos milagros que prometeu Feijoo e xa son máis de 45 dias polo tanto creemos que non vai a verse cumprida esa promesa electoral ao igual que outras.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.