Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de mayo de 2012

LECTURAS DOS DATOS DO PARO



Mirando os datos da provincia de Pontevedra en canto a os datos do paro de hoxe saco unha conclusión un tanto diferente a dos mandatarios do PP.
Os datos son os seguintes: o paro baixou en mais de 600 persoas en Pontevedra, bo dato pero tórnase negativo nas outras tres provincias galegas.

Como pode haber xente  a que os datos lle parezan positivos?.
Pois si, hai xente que os ve positivos pero sen botar contas totales. 
Os políticos do PP ven nos datos o reflexo da reforma laboral.
Non botan contas que no mes de abril celebrousa a Semana Santa i esa celebración sempre axuda a mellorar os datos.



No mes de abril unha das maiores empresas, por non decir a máis grande, contratou preto dun milleiro de persoas para traballar en tódolos concellos da provincia. Durante seis meses esas persoas non estarán nal listas do paro. Esa empresa págalle a os seus traballadores con cartos que saen do peto de todos nos, igualiño que si estiveran no paro. Esa empresa é a Diputación Provincial.Non  me parece mal que se contrate a esas persoas pero penso que esa é unha forma sesgada de contabilizar o número de parados.




En resumo, si descontamos a esas 1000 perosas os números pasan de ter saldo positivo (600 parados menos) a números negativos (case 400 parados máis).
Si un Governo de distinta cor política respostaría de igual maneira o PP? non quero ser mal pensado pero eu creo que non sería así.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.