Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de mayo de 2012

SEN ACORDO NA MESA DO VIÑO



A delegación territorial da Xunta en Pontevedra foi escenario, como xa publicamos dias pasados, da celebración da cuarta reunión da Mesa do Viño na denominación de orixe Rías Baixas na que se debateron as propostas de cada unha das partes implicadas para a posta en marcha dun novo contrato homologado para a compra da uva sen que se chegara a algún acordo, o que supón a suspensión deste tipo de reunións.


O xefe territorial de Medio Rural e do Mar, Gerardo Zugasti, volveu a presidir esta Mesa do Viño. Recordou o responsable deste departamento que a Xunta de Galicia estivo a actuar, durante estes catro encontros como facilitadora dun acordo entre as partes, nos participaron produtores, cooperativas e adegas, e sindicatos agrarios. O obxectivo das reunións foi conseguir un contrato para os próximos tres anos unha vez que os anteriores contratos homologados perderon a súa vixencia na última vendima.



Nas tres anteriores reunións os implicados consideraron que os contratos anteriores “funcionaran” polo que consideran que sería “moi adecuado” conseguir un acordo conxunto para as próximas vendimas. Tamén se acordou aplicar un marco de negociación que ligase os prezos ao volume de produción da colleita non só en canto a calidade senón ao volume total de produción da mesma, punto no que todas as partes estiveron de acordo.

 
E aínda que durante a reunión de hoxe houbo un lixeiro acercamento entre as partes, en especial en relación ao prezo da uva, finalmente a negociación tivo que ser interrumpida pola imposibilidade de chegar a un acordo definitivo.
“Pese a esta suspensión das negociacións”, rematou Zugasti, “Xunta de Galicia segue a ofrecer a súa colaboración para chegar a un consenso cando as partes estean dispostas a retomar o diálogo”.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.