Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de mayo de 2012

FESTA DA BICICLETA 2012




Cerca de duas mil trescentas persoas participaron coas súas bicicletas este domingo na edición da festa da bicicleta de Cambados que tradicionalmente máis participantes congrega no Salnés.

 
Non foron dúas mil cincocentas como calculaba a organización pero non andaron moi desencamiñados no cálculo. Unhas dúas mil trescenas persoas botaron man das súas bicicletas este domingo para participar nunha das Festas da Bici que tradicionalmente máis participantes congrega no Salnés: a de Cambados.

Rondaban as once da mañá e na praza de Fefiñáns xa se podía ver xente de tódalas idades uniformadas co casco e roupa deportiva enriba de bicicletas do máis variadas e incluso curiosas. Triciclos, bicicletas de paseo, de carreiras ou de montaña. Calquera servía para tomar parte nesta festa e ‘Unirse á Volta’, porque este era tamén o incentivo desta edición: promover a Vuelta Ciclista a España que este ano pasará por varios municipios da comarca do Salnés, entre eles a capital do albariño. 


 
Neste caso a promoción corre a cargo da Deputación de Pontevedra e dos propios organizadores da Vuelta, de aí que na parrilla de saída se puidera ver ó presidente do organismo provincial, Rafael Louzán, acompañado do alcalde cambadés Luis Aragunde e o vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda. Ademais, para a cita, instaláronse como novidade un podio, unha pantalla xigante e o arco de meta da Vuelta a España. Terio Carrera foi o encargado de oficiar de Mestre de Cerimonia.
 
A ruta percorrida polos participantes alongouse durante case once quilómetros e entre todos, a organización sorteou varios premios, como lotes de roupa deportiva, bicicletas, camisetas e gorras. Tamén houbo galardóns para a familia máis numerosa que tomou parte na carreira, unha con trece membros veciños da parroquia cambadesa de Corvillón, para o ciclista máis veterano, de 81 anos, e a bici máis orixinal. 

Moita xente botou en falta a típica camiseta coa que se agasallaba a os participantes coma en edicións anteriores pero os recortes tamén chegan a este tipo de eventos.
Sortearonse cinco bicicletas de paseo, unha eléctrica, cascos e diverso material deportivo obsequiado por varias marcas deportivas relacionadas co deporte das duas rodas e o Corte Inglés.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.