Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de abril de 2012

NACE ASOBLOG SALNES

A asociación de blogueiros de Cambados e arredores vén de ser creada na xornada do sábado. 

No transcurso da reunión aprobáronse os estatutos, redactouse a acta fundacional e foron elixidos os membros para a directiva. O presidente será Valentín Estévez, Maribel Iglesias será vicepresidenta e secretaria e Javier Vidal será o tesoureiro. A reunión asistiron unha parte dos bloggers xa que por diferentes motivos outros non puideron asistir. Nembargantes os que non asistiron xa foron informados do que se falou nesa xuntanza.
 A asociación tamén tratou na asemblea algunha proposta de actividade que será concretada nos vindeiros días. Este novo colectivo agrupa a máis de vinte persoas con blogs de diferentes temas, dende moda, pintura, poesía, actualidade ou aviación.




Dende aquí facemos un chamamento a todos aquelas persoas da provincia en xeral e da comarca en particular que queira entrar a formar parte desta asociación que se poña en contacto con calquera dos membros ou con ASOBLOG no seu perfil de facebook.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.