Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de abril de 2012

VALLE INCLAN IMAXEN DA LOTERIA




 Unha caricatura de Ramón María de Valle Inclán e o nome do Concello de Vilanova ilustran os décimos de Lotería Nacional para o sorteo do vindeiro 9 de xuño.
O motivo esencial para a celebración do sorteo na localidade arousán e a celebración do X aniversario da apertura da Casa Museo do Cuadrante, casa onde viveu o prolífico autor.


Despois dun ano de xestión, o Concello e maila administración de lotería da vila, conseguiron esta pequena homenaxe, que se incluirá nos actos do décimo aniversario do Museo Valle Inclán.

Pero ademais do décimo, Vilanova tamén acollerá o sorteo de Lotería Nacional do 9 de xuño. Será sobre a unha da tarde no pavillón de deportes municipal e será ademais emitido por Televisión Española, en concreto pola segunda canle do ente nacional. Cos nenos de San Ildefonso estarán tamén oito rapaces de Vilanova.

Os décimos dedicados a Valle e a Vilanova xa están á venda e custan 6 euros. O sorteo será público, previa invitación.

Ata Vilanova desplazarase toda a loxística requerida para o evento, cos emblemáticos bombos protagonistas xunto cos rapaces de San Ildefonso.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.