Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de abril de 2012

ENTREVISTA PARA CAMBADOS WEB


Es uno de los últimos en unirse al mundo de los blogs en Cambados, pero muy pronto ha marcado su propio estilo comentando la actualidad nacional.

1-¿Cando e por que  decidiches abrir Cambados Xusto?
A verdade que a culpa foi de Facebook. As veces tiña a nacesidade de extenderme nos meus comentarios e no “face” quedaban mal.
2-¿Que é no que na túa opinión fai especial a Cambados Xusto?



Non o vexo coma algo especial senón coma algo normal algo para dar o meu parecer, a miña opinión.
3- ¿Qué che gustaría conseguir e a qué público queres chegar?
Gustaríame chegar a canta máis xente millor pero é algo que non só depende de min.
4- Segundo a túa propia experiencia ¿Que recomendarías e, que non, a unha persoa que estea pensado en abrir o seu propio blog?
Que escriban o que lles pete, que divulguen o seu pensamento, as suas ideas.
5- ¿Cales son o tres artigos máis visitados de Cambados Xusto? e o máis difícil, ¿a que crees que se debe?
O que máis foi o artigo no que decía que o alcalde non me representaba, tralo acontecido no peche do ano Asorey, grazas a publicidade de “Chon”. O 2º foi un sobre a investigacion a Benito Gonzalez, patron maior da confraria (coa axuda de  XORNAL GALICIA.ES
Este penso que porque todo o da confraría ten un pequeño cheiro raro e o 3º a crónica dun partido dos Benxamíns A do Cambados polos amigos do “face”
6-¿Canto tempo dedícaslle a cada artigo e como adoita xurdir a idea sobre a que falas?
Depende. Hai artigos que levan tempo na cabeza  e leva tempo facelos como a un lle gusta, e que saian o mellor posible.


7- ¿Crees que os artigos máis traballados teñen mellor resposta por parte do público?
Non sempre pero todo ben feito ben parece.
 8- ¿Gústache a resposta dos teus visitantes aos temas que propós?
Gustaríame que comentaran máis as novas pero polo menos quedo satisfeito se o miran. A todos nos gustaría ter máis lectores pero non me queixo.
9 -¿Que é o que che gustaría cambiar do teu blog pero que por circunstancias non puideches facelo?
Todos os dias pensas en cambiar cousas pero se algo está ben , non creo que sea bo tocalo. Un mellor diseño, pero eu de Infomática o xusto para escribir e pouco máis.
10- ¿Quen é a persoa que está detrás de Cambados Xusto e que outros proxectos ten actualmente activos?
Unha que desexa dar saída as suas ideas e tentar comunicalas o mellor posible. Mellorar o blog e escribir máis a menudo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.