As xornadas celebraranse entre este venres e sábado no centro vacacional da Lanzada, no Grove. Dividiranse en dúas partes. A primeira xornada, o venres, comezará ás cinco da tarde cunha reunión de traballo na que participarán tódolos alcaldes e voceiros do PP dos concellos pontevedreses. Eles encargaranse de poñer voz ós problemas que atinxen ós seus municipios. Problemas que o sábado os políticos reunidos na Lanzada poderán escoitar de boca das persoas que os padecen directamente.
Gustaríanos saber que preguntas lle van a facer estes cidadáns anónimos, pero sobre todo que van ser, pois moito nos tememos que serán xente afín o Partido Popular. Polo tanto as cuestións que alí se falarán serán de todo menos neutrais. Ademáis, xa que tanto falan de transparencia e claridade todo o que falen estes "voceiros" do povo debería sair a luz, máis que nada para enterarnos de cal é a idea dos rexedores municipais sobre os temas máis en boga. Copago, paro, impostos, educación, corrupción etc etc. Se fose así, cousa que é bastante improbable, entón esa reunión poderíamos pensar que foi beneficiosa do contrario demostraríase que se reunen para ter unha resposta común a os problemas dos cidadáns, o que ben sendo o adoutrinamento dos cargos públicos do partido da gaivota cara os votantes e non votantes. Dar unha imaxe de unión e firmeza de apoio as medidas impopulares que Rajoy e compañía están a tomar.

Esta sesión porá fin ás xornadas. A súa clausura correrá a cargo do presidente do PPdG, Alberto Núñez Feijoo, e o seu homólogo na provincia de Pontevedra, Rafael Louzán.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.