Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de abril de 2016

O REFUGIO DE ANIMALES DE CAMBADOS DENUNCIA A USURPACIÓN DA SUA IDENTIDADE









O Refugio de Animales de Cambados alerta da usurpación de identidade que está a sufrir dende hai semanas.

Alguén recolle animais en domicilios privados alegando que non os atenden corretamente. A chamada dun particular alertou o refuxio. Explicou que recibira unha nota onde o instaban a deixar ceibo o seu can.
Dende a canceira alertan desta práctica e lémbranlles aos veciños que eles nunca retiran animais das vivendas particulares.

Así o difundiron dias pasados mediante unha nota nas redes sociais.


"Desde a Asociación protectora de animais de Cambados queremos deixar constancia de que ningún membro ou voluntario da mesma dedícase a ir mirando casa por casa o estado dos animais dos veciños nin de Cambados nin de localidades próximas. Só realizamos seguimentos dos animais que son adoptados na nosa asociación.

Vémonos obrigados a facelo público debido ao comportamento de certas persoas que se fan pasar por membros da asociación e preséntanse nalgunhas casas.

Hai un mes recibimos un aviso de que alguén se acudiu nunha casa da zona de András, en Vilanova de Arousa deixando un papel escrito en ton ameazante aos donos duns animais no noso nome.

E hoxe (polo dia 9) mesmo recibimos outro aviso en Ribadumia de que unha persoa entrou nunha propiedade privada e levou dous cachorros alegando que era da protectora.
Engadir ademais que temos probas e matrículas das persoas que realizaron estes actos e que no caso de que non exista un cambio de actitude por parte das mesmas tanto nós como os particulares afectados non dubidaremos en poñelo en mans da policía,"






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.