Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de abril de 2016

"SON GALEGO, SON CUBANO" PRIMEIRO CONCERTO CONFIRMADO DO ALBARIÑO´16








SON GALEGO, SON CUBANO



O xoves 4 de agosto, ás 23:00 na Praza de Fefiñáns en Cambados terá lugar o Concerto homenaxe a Xosé Neira Vilas
O xoven e talentoso músico galego Roi Casal (arpista, compositor, cantante e director) foi premiado en 2014 na Habana co premio internacional Cubadisco. Alí ofreceu un memorable
concerto no Palacio Nacional de Bellas Artes. Vencellouse ó mundo galego-cubano, e tomou
contacto con institucións culturais e con personalidades da cultura. Camiñou, conversou, observou
e quedou namorado da capital habaneira e do xeito de ser daquel pobo, alegre, cordial, solidario.
Mantivo contactos moi frutíferos con músicos cubanos e en Cuba presenta un concerto coa estrea destes CANTOS GALEGO-CUBANOS.

Avance do proxecto conxunto de Neira Vilas e Roi Casal, no que ambos estiveron traballando nos últimos meses.Coa participación especial de Pablo Milanés, e a dirección audiovisual da cieneasta cubana Natasha Vázquez.Toda a info en www.songalegosoncubano.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.