Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de mayo de 2015

PRESENTADA A CANDIDATURA DE "SOMOS CAMBADOS"





Onte foi presentada a candidatura de SOMOS CAMBADOS para as eleccións municipais do vindeiro 24.

En Exposalnés ante un salón abarrotado e que quedou pequeno (cerca de 150 persoas acudiron) varios dos integrantes da candidatura falaron das razóns persoais e colecctivas que levaron a os integrantes da mesma e aos que asistiron as diferentes asembleas a participar dun proceso electoral "que vai mudar Cambados" para converter os anos de oscurantismo, papadelas enchufismo e discriminación nun Cambados sen diferenzas e no que todos os
cambadeses e cambadesas nos sintamos por igual. Falaron, Silvia Vozza número 4 da candidatura, arxentina de nacemento pero cambadesa de  corazón e que foi presentando aos membros da candidatura. Xesús Castro número  13, leeu unha emotiva carta de Óscar Pardo emigrado e sin dereito a voto. O número 6 da lista, Xan Galbán, lembrou os tempos de xuventude con Tino Cordal. Sigueulle no turno a número 3, Esther Castro que amosou as suas ganas de mudar o noso pobo. E por último falaron Xurxo Charlí e Tino Cordal nº 2 e 1 respectivamente que trazaron o que para eles será o Cambados tralo 24 de Maio.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.