Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de mayo de 2015

O XUVEN TENTARÁ DE FORZAR O TERCEIRO PARTIDO





"Xuven Cambados ten capacidade para remontar a eliminatoria". Con esta frase chea de confianza tratou de animar o presidente do Xuven, Jorge Castiñeiras, a un equipo que non puido optar ao triunfo na súa estrea no playoff polo ascenso. Os de Yago Casal víronse superados con claridade en Amorebieta por un inspirado Zornotza ST que demostrou unha vez máis os motivos que levaron aos de Mikel Garitaonandia a concluír a liga regular en cuarta posición. A notable superioridade do equipo vasco no rebote así como o acerto do seu MVP Sasa Borovnjak foron determinantes pasando a converterse na senda a seguir de cara a un segundo encontro no que tratarán de dar por pechado o seu pase a semifinais. O grande ambiente que se espera nas bancadas do Pombal e a victoria do sábado pasado ante mesmo rival xogará un papel importante á hora de intentar devolver a serie ao País Vasco.

Data e hora: Sábado 2 - 18:00 h. / 

Cuartos J.1: Zornotza ST vs Xuven Cambados (91-70 / 1-0)


Fonte: FEB



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.