Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de marzo de 2015

SOMOS CAMBADOS NACE CON FORZA







 Máis de medio cento de persoas achegáronse onte pola tarde a "Exposalnés" para asistir a asamblea de "Somos Cambados" e na que se xestou o embrión dunha candidatura independiente, "limpa" e transparente. Despois de expoñer variados puntos de vista todos confluían na necesidade de crear unha candidatura alternativa ao que ata agora hai en Cambados. A tiranía, o amiguismo e a sinrazón do PP poden atopar en "Somos Cambados" a antítese. Na asamblea moitos dos participantes decidiron involucrarse no proxecto e sacar adiante unha candidatura aberta a todos.

Existe un gran descontento cos partidos tradicionais a nivel xeral e os cambadeses non son alleos a realidade, polo que queren e  necesitan un cambio e queren lideralo a través dunha candidatura cidadá, e que nin PSOE nin B.N.G. aportan.
Os seguintes pasos que se darán son a elaboración dun código ético, que será similar ao seguido polas outras mareas de Somos na bisbarra, como en  Vilagarcía,  Ribadumia  ou Sanxenxo, e na preparación dun programa político. 
As principais liñas xa están claras, queren un documento "participativo e real". Queren estudar detidamente os presupostos municipais para buscar a redución de gastos que consideren innecesarios en favor de aumentar as partidas de índole social.
Esta iniciativa cidadá parte da marea galega Somos Maioría,  entre os impulsores hai veciños que tiveron vinculación con outros movementos políticos como AnovaCerna ou Compromiso por Galicia e outros que nunca estiveron afiliados a formacións políticas. Podemos está disposto a avalar a súa presentación ás eleccións se cumpre coa súa filosofía de movemento cidadán, aínda que o someterán a votación telemática entre os seus afiliados.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.