Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de diciembre de 2014

TODA A PROGRAMACIÓN DE NADAL DE CAMBADOS






O programa inclúe a campaña Cada Neno un Xoguete
 
O alcalde, Luis Aragunde, e o presidente da asociación Cambados Zona Centro, Juan Rey, presentaron a programación de Nadal 2014 no que unha vez máis os nenos cambadeses son os principais protagonistas. Compre salientar que xa están a disposición do público, no departamento de Cultura do Concello, as invitacións para o espectáculo dos Bolechas que se representa o día 27 en Peña.
Dende o luns 8 de decembro e ata o día 24, levarase a cabo unha recollida de xoguetes que permite realizar a campaña solidaria Cada Neno un Xoguete.
 
O venres 19, ás 13 horas, prevese efectuar a entrega dos premios do concurso de debuxo infantil “Postais do Nadal”, no que participan os escolares de primaria dos colexios públicos do Concello de Cambados. Os tres mellores debuxos recibirán como agasallo cadanseu lote de libros, e o colexio do neno gañador recibirá un cheque regalo por importe de 200 euros.
 
Do mércores 24 ata o mércores 31, en horario de 16 a 20 horas, o Salon Peña vaise converter nun “parque de atraccións” navideño, con entrada de balde para todos os nenos, onde poderán disfrutar de inchables, touro mecánico, xogos, música, e moito mais....
 
O sábado 27, ás 18:00 horas, o mesmo salón de congresos vai acoller Os Bolechas cantan con Lady Vina, un espectáculo gratuíto no cal os rapaces disfrutarán coas aventuras destes atraíntes personaxes creados por Pepe Carreiro. 
 
Fin de Ano a mediodía e Cabalgata dos Reis
 
O Mércores 31 tocará celebrar o fin de ano, e como vén sucedendo nos últimos anos, os mais pequenos están convidados a celebrar as 12 badaladas cos lacasitos da sorte; e os maiores despediremos o ano cun escumoso das Rías Baixas. Todo isto, se o tempo o permite, farase ás 12 do mediodía na Praza do Concello.
 
O 5 de xaneiro, ás 12:00 horas, os Reis Magos pasarán pola Praza do Concello para recoller as derradeiras peticións dos nenos; pola tarde, os Reis Magos chgarán á Praza de Fefiñáns, e dende alí percorrerán as principais rúas do Concello na gran Cabalgata.
 
Ata o 5 de xaneiro, coas súas compras nos establecementos asociados, os clientes de Zona Centro poderán participar no sorteo de 1.200 euros en vales compra, repartidos en 4 premios: un de 500 euros, un de 300 euros, un de 200, e outro de 100 euros. Só deberán cubrir co seu nome e apelidos un boleto de participación que lle será entregado coa súa compra, e que será o propio establecemento o encargado de depositalo posteriormente na asociación.
 
Para rematar o Nadal, o día 9 de xaneiro, realizarase o sorteo dos 1.200 euros en vales compra, cos que a asociación Cambados Zona Centro quere agasallar a todos os seus clientes, os cales apostan por facer as suas compras no comercio cambadés.
 
TAMÉN HABERÁ OUTROS ACTOS
 
20 e 21 de Decembro (sábado e domingo)
De 11.00 h. a 21.00 h. No Salón J. Peña feira de creadores emer-
xentes Peter ́s Room: haberá showrooms, obradoiros, concertos.

21 de Decembro (sábado)
19.00 h. No Auditorio Municipal, Gala de Nadal de Volandeira.

23 de Decembro (martes)
18.00 h. Na Praza do Concello, Panxoliñas na rúa (en caso de mal
tempo trasladaríase ao Auditorio Municipal).

3 de Xaneiro (domingo)
19.00 h. No Auditorio, Concerto de piano, a cargo de Estefanía Sánchez.
4 de Xaneiro (domingo)
19.00 h. No Auditorio Municipal, presentación do novo disco de Manso e
amigos.

Fonte:Concello de Cambados



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.