Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de diciembre de 2014

QUEIXAS DOS COMERCIANTES CO ALUMEADO DE NADAL





Varios comerciantes de Cambados queixanse da ubicación do alumeado de Nadal.


Consideran que non é de recibo que nun tramo de 50 metros haxa varios arcos de luces e noutras ruas con comercios non se colocase ningún. A avenida de Madrid, por exemplo, carece de iluminación a pesares de que nesa rúa hai varios establecementos e contrasta coa rúa Real naque se aglutinan varios arcos. Consideran ademáis que o gasto que supón ter duas árbores xigantes, "con unha sería suficiente"segundo estes comerciantes, en menos de 50 metros, poderíanse ter colocado máis arcos noutras zonas con comercios e que nestes intres carecen de iluminación do Nadal.

"Ata para eso, pregúntanse os comerciantes, hai trato discriminatorio por parte do Concello?", preferimos pensar que se trata dun erro de previsión.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.