Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de septiembre de 2014

¿ACABARÁ JOSE PEPE NA LISTA DOS MAIS BUSCADOS DO F.B.I?





¿ACABARÁ JOSE PEPE NA LISTA DOS MAIS BUSCADOS DO F.B.I?
POR RICARDO DOMINGUEZ REY

Debo confesarvos, queridos amigos, que a semana pasada lin unha noticia no Faro de Vigo que me deixou realmente consternado e fixo que me preocupase profundamente por un dos seus protagonistas. A noticia, en cuestión, dicía: “La Guardia Civil identifica al conductor de un vehículo que huyó tras sufrir un accidente en Meaño” ata aquí todo normal; tódolos días lemos na prensa, noticias deste tipo, individuos que se ven implicados en accidentes de tráfico e que foxen do lugar dos feitos porque, ben, teñen o carné retirado e, ademais, circulan sen o seguro obrigatorio, como, presuntamente, parece ser o caso do protagonista desta nova ou, ben, porque conducen baixo os efectos do alcohol e saben que si chegan os axentes de policía e fanlle a proba da alcoholemia darían positivo (cousa que non sei si aconteceu neste caso en concreto); pero a miña sorpresa foi cando leo na noticia en cuestión o seguinte: “En ese vehículo viajaba como acompañante el que fue exsecretario del Concello de Cambados, José Vázquez, que resultó herido con diversas contusiones, aunque ninguna de gravedad, ya que ayer había recibido el alta médica”.
Xa podedes imaxinar a miña sorpresa cando leo tal cousa, o meu “ídolo”, o gran José Pepe, no medio dun accidente de tráfico cun presunto delincuente, (“presunto delincuente” porque como ben di a noticia terá que declarar no xulgado por un presunto delito contra a seguridade viaria).

O primeiro de todo, e isto dígoo de corazón, espero que José Pepe se atope totalmente recuperado de dito accidente; como xa todos sabedes as nosas diferenzas ideolóxicas son abismais pero, dende logo, non lle desexo ningún mal; é mais, sei que entre nos, no fondo (pero moi no fondo) hai un certo amor: ese cruce de miradas furtivas cando temos coincidido no “Laya” ou cando está nalgunha terraza co seu amigo “ O Barbas”(o mesmo que ten unha filla que puido ser a primeira alcaldesa de Cambados pero Tourís reservoulle outros fins) i eu paso e mírame como si fose unha moza “de bo ver” (¡¡ai José Pepe!! ¡sabes como sacarme as cores, bribón!)......... por todo isto preocúpame, profundamente, a espiral de auto destrución na que parece ter entrado José Pepe: primeiro deixa a súa “exitosa” colaboración no Diario de Arousa e agora vese, sen querelo, no medio dun accidente, no coche dun presunto delincuente.

¿Que che está a pasar José Pepe? ¡¡mira ben con que te xuntas que por menos empezaron as andadas de “El Lute”!! de seguir así vas a pasar de ser “Don José Pepe” a ser José Perico alias “el letras” ou “o Makinavaja de Santo Tome” o mais temido nos baixos fondos cambadeses.
Ademais, polo que teño entendido, o condutor que se dou a fuga, presentárase nas listas do PP ás municipais de Cambados o que me obriga a chamarte insensato, José Pepe, ¿acaso non sabes que os peperos e os vehículos de tracción mecánica son incompatibles? Carromero, Esperanza Aguirre, Miguel Angel Rodríguez, Ignacio Uriarte, o fillo de Gallardón e un longo etc. ... ¡ata Rajoy tivo un accidente nun helicóptero! Cando montas cun pepero nun vehículo xa sexa por terra, mar ou aire , José Pepe, unicamente poden acontecer desgrazas, soamente tes que mirar para o “pobre” Marcial Dorado, montou nunha lancha co presidente da Xunta, Alberto Feijoo e hoxe está na cadea,..........bueno, por iso, e porque foi condenado por narcotráfico.
Tamén quero destacar o lugar onde se produciu o accidente (Cobas), terra de “furanchos” e, como sempre, a xente xa está falando de mais; pero eu sei que de onde ti viñas, en realidade, era do miradoiro que hai nesa zona con preciosas vistas da Ria de Arousa, algo lóxico de pensar coñecendo o teu lado sensible e romántico; imaxínote no alto da roca cos brazos en cruz e, como Leonardo DiCaprio na película “Titanic”, berrando: “¡¡ son o amo do mundo!!”.
Como dixen ao comezo, preocúpame a espiral de auto destrución na que pareces terte abocado, José Pepe ¿cal será a próxima na que te vexamos? ¿Quizais co puño en alto e cantando a Internacional, o primeiro de maio? ¿Quen foi o desgraciado que che botou un mal de ollo para que vaias desgraza tras desgraza? Estou disposto a falar con Don José, o párroco e que che faga un acto de exorcismo para botar fora ese demo que parece terse metido no teu corpo e que volvas a ser un respectable señor “de dereitas e católico como Deus manda”.
Despídome reiterando os meus desexos mais sinceros de que te atopes perfectamente; confesareiche que cando deixaches de escribir, eu, en sinal de loito, prometinme non volver a falar de ti, pero, ¡¡meu rei polo menos deixa de darme motivos para facelo!!
Un saúdo a todos.



                  RICARDO DOMINGUEZ REY

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.