Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de agosto de 2014

ALBARIÑOS AO MUNDO






A terceira edición do Concurso Internacional Albariños ao Mundo vaise a celebrar o próximo mes de novembro, e por iso, como en edicións anteriores, en setembro ábrese o prazo para inscribirse neste certamen organizado pola Unión Española de Catadores. A partir do 29 de setembro, todas as adegas interesadas en participar en Albariños ao Mundo 2014, poderán inscribir os seus viños e aguardientes elaborados con esta variedade de uva.

O próximo 22 de setembro enviarase a convocatoria ás adegas e como comentamos, a partir do 29 de setembro poderanse remitir as solicitudes de inscripción, cuxo prazo finalizará o 29 de outubro, e o envío de mostras deberá realizarse antes do día 31 do mesmo mes. As catas do Concurso Internacional Albariños ao Mundo realizaranse o 7 de novembro, pero a publicación dos resultados non se realizará ata o 11 de novembro na web oficial.

Recordemos que este é un certamen internacional itinerante, as dúas primeiras edicións tiveron lugar en Londres e en Düsseldorf (Alemania) respectivamente. Esta terceira edición do concurso celebrarase en Bruxelas, ata alí viaxarán os viños e licores participantes procedentes da Denominación de Orixe Rías Baixas e a Rexión Demarcada de Vinhos Verdes (Portugal).

Establécense dúas categorías: Viños e Aguardientes e licores tradicionais. Na primeira poderán participar as producións elaboradas na Denominación de Orixe Rías Baixas e na Rexión de Vinhos Verdes de Portugal, sempre que conteñan un mínimo de 50% de albariño.

Dentro desta categoría hai outras tres: Viños brancos tranquilos elaborados sen contacto con madeira, Viños brancos tranquilos elaborados en contacto con madeira e Viños Espumosos. Ademais, estas categorías se subdividirán en grupos e subgrupos para evaluar os viños segundo a súa composición varietal, añadas, etc.



Os aguardientes e licores tradicionais que se queiran presentar en Albariños ao Mundo 2014 tamén deben pertencer ás rexións vitivinícolas antes indicadas, deberán ter unha elevada porcentaxe de orujo de uva Albariño e clasificaranse en distintos grupos segundo a sua tipoloxía.

Todos os viños e licores presentados serán evaluados polo xurado que estará composto por profesionais do sector do viño, sumilleres, responsables de compras e importadores de viños, xornalistas, etc., e estará presidido por Pedro Ballesteros, o único Master of Wine español.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.