Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de marzo de 2014

CRIMEA NON ESTÁ TAN LONXE




Cando desde a Xunta de Galicia invítase qos concellos a unir esforzos para a forrar en custes a ínclita alcaldesa de Sanxenxo Catalina González inicia un  proceso se anexión de terras, neste caso anexión de praias enfrontándose ao seu compañeiro de partido Miguel Pérez alcalde de O Grove. 

Se Catalina I "A Conquistadora", quere tapar as suas vergoñas non fai nada ben querendo anexionar como si de Crimea para os rusos se tratase, a praia da Lanzada para Sanxenxo cando todo o mundo sabe que dita praia e de titularidade compartida.
Dito sea de paso que ante os intereses de cada un, os intereses de partido e do povo quedan en segundo ou terceiro plano.

Cecáis a conquistadora teña razón, eso é algo que decidirá quen om teña que decidir, pero é obvio que despois de tantos anos na alcaldía o PP de Sanxenxo ten que buscar votos e unha maneira boa parece ser queé enfrontando a duas vilas que deberían ser irmáns e unidas.
Os últimos escándalos no concello de Sanxenxo e o tema do urbanismo están a pasar factura aos populares e que con esta reclamación pretenden parar a sangría de votos e a perda de electorado.
Agardemos que a nosa Crimea (salvando as distancias) particular se arranxe sin que repercuta na amizade das duas vilas.

E mentras tanto ninguén da Xunta di nada.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.