Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de febrero de 2014

PREGUNTAS DO B.N.G. PARA O PLENO DESTE XOVES





1.- Con motivo dos continuos temporais que estamos a padecer este inverno, quedou ao descuberto e desprotexido parte do xacemento arqueolóxico da torre de San Sadurniño, polo que preguntamos se o concello realizou algunha petición á Xunta de Galicia, como organismo competente neste asunto, para escavar e estudar este xacemento? En caso afirmativo; houbo algunha contestación por parte deste organismo? En que sentido?.

2.- Hai algo máis dunha semana, un grupo de máis de 100 veciños e veciñas da Modia, presentaron un escrito no rexistro do concello de Cambados no que solicitaban á Alcaldía que foran atendidas as súas demandas relacionadas cos anegamentos continuados da rúa do Campo da Modia onde viven, e o concello, segundo os medios de comunicación, comprometeuse a arranxar o citado problema, polo que preguntamos en que van a consistir, de xeito detallado, ditas obras e cando se van a realizar?.

3.- Que no Paseo da Calzada, que forma parte importante do Conxunto Histórico Artístico do noso concello, colocáronse hai pouco tempo, unha serie de esculturas e pezas en pedra, polo que preguntamos se existe un informe favorable de Patrimonio que avale dita ubicación?. 

4.- Que, desde hai uns días, o centro cívico Gumersindo Márquez, de Oubiña, encóntrase pechado polo que queremos saber cal é o motivo desta situación?
                                   
 ROGOS

Foto "A ti meu Cambados"
1.- Que ante a “bochornosa” imaxe dada por un concelleiro do PP que quedou durmido no pasado pleno ordinario, rogamos ao Señor Alcalde que faga todo o posible  porque non se volva a repetir dita situación entre os/as concelleiros/as do seu grupo político.

2.- Que o Monte da Pastora está a dar, cada día que pasa, unha imaxe de maior abandono, polo que rogamos se realice unha limpeza máis frecuente deste contorno e se erradiquen as plantas invasoras (“herba da pampa”) que están a proliferar neste lugar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.