Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de febrero de 2014

OBRADOIROS "TADEGA" EN CAMBADOS. POLA INCLUSIÓN







TADEGA ofrécenos a posibilidade de asistir a unha serie de obradoiros por toda a xeografía galega que seguro serán de interese para as familias de nenos. Para inscribiros solo debedes ir á páxina desta asociación e cubrir o formulario:
http://tadega.net/arquivos/3792

A data e temática e ponentes do que se celebrará en Cambados e que se celebrará o sábado 22 e a seguinte:
TemáticaFerramentas para a comunicación alternativa de persoas con diversidade.
Cando: 22 de febreiro (sábado) en horario de 10:00 a 14:00 horas.
Onde: Salón de actos de Exposalnés, Paseo de la Calzada,  s/n – 36630 - Cambados, Pontevedra.
Prezos: 5 € para persoas socias e 10 para as non socias que se abonan o mesmo día ao retirar a documentación.
Notas: ao rematar, comida sinxela de confraternización a escote para quen queira participar.
Características: Juan J. Fdez. García (Presidente de TADEGA), Mª Cruz da Silva Rubio, (Mestra e presidenta de Por Dereito), Carmen Fernández Cacho (mestra), Mª Carmen Otero Vázquez (nai dun neno con diversidade), Susana Martínez Fieiro (nai dun neno con diversidade).

Aparte deste de Cambados haberá máis en diferente poboacións de Galicia e das que daremos cumprida información a medida que se acheguen as datas de celebración.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.