Un proxecto inspirado en Los Tamara promoverá o uso do galego nas festas populares
"Un pobo que non canta na súa lingua é un pobo sen identidade de
seu". Pouco antes do seu pasamento, o músico e compositor Prudencio
Romo, integrante da xa mítica orquestra Los Tamara, explicou maís ou
menos con estas verbas nunha entrevista emitida pola TVG as razóns que o
moveran a cantar en galego.
Tomando como referencia a súa lembranza, e tamén como homenaxe a súa
figura, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Asociación de
Funcionarios para a Normalización Lingüística presentaron este serán en
Santiago a iniciativa Mil festas para a lingua galega, coa que
pretenden fomentar o idioma propio da comunidade nos múltiples festexos
espallados por terras galegas -cífranos en máis de 7.000-. Neste empeño,
contarán co apoio de máis de 30 concellos, institucións e entidades
culturais e educativas, organizacións sindicais e artistas e
intelectuais.
No seu afán, os promotores desta campaña prepararon xa un catálogo con
recomendacións destinadas ás comisións de festa e consistorios, a fin de
lograr unhas romerías "innovadoras, participativas" e, por suposto,
"galeguizadas". Entre estes consellos destacan a exaltación da
identidade territorial nos actos dos programas festivos, incentivar a
presenza do himno e a bandeira, establecer unha cláusula nos contratos
das orquestras para que inclúan no seu repertorio versións en galego
-propoñen fixar unha porcentaxe do 20%- e se dirixan ao público nesta
lingua, que a publicidade e o pregón sexan no mesmo idioma ou que se
promocionen os produtos gastronómicos do país.
As propostas chegan incluso ao ámbito divino. Así, solicitan a
colaboración dos cregos para que as liturxias programadas no marco
destas festividades, como misas ou novenas, sexan tamén en galego. A
finalidade é desterrar fasos mitos lingüísticos que aínda teñen moitos
fregueses. Por suposto, os programadores gardaron tamén un oco nos seus
plans para o recordo de Prudencio Romo, cun pequeno documental que
pretenden que as orquestras de Galicia divulguen durante as súas
actuacións nas verbenas.
PRESENTACIÓN
Na presentación, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou que esta proposta busca "incidir nun dos espazos que tradicionalmente son os máis proclives á socialización para moitos galegos". Deste xeito, animou a todos os axentes implicados a "recuperar estes escenarios lúdicos para facer máis presente o que sen dúbida é o elemento que caracteriza a nosa principal singularidade como pobo: a lingua galega".
Na presentación, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou que esta proposta busca "incidir nun dos espazos que tradicionalmente son os máis proclives á socialización para moitos galegos". Deste xeito, animou a todos os axentes implicados a "recuperar estes escenarios lúdicos para facer máis presente o que sen dúbida é o elemento que caracteriza a nosa principal singularidade como pobo: a lingua galega".
Neste acto, García estivo acompañado por Xoaquín Monteagudo,
presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización
Lingüística, Manuel González González, secretario da Real Academia
Galega; e Carlos Varela, fiscal superior de Galicia. Tamén estiveron
presentes axentes dos distintos ámbitos da vida sociocultural do país,
dado que a campaña atínxelles principalmente a eles, ao estar dirixida a
un sector tan específico como é o da produción e organización de
festexos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.