Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta REFUXIADOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta REFUXIADOS. Mostrar todas las entradas

7 de mayo de 2018

FOTOGRAFÍAS, TEATRO E CHARLAS PARA CONCIENCIAR SOBRE A SITUACIÓN DAS PERSOAS REFUXIADAS EN CAMBADOS



Cambados acollerá a partir de mañán martes 8 unha exposición fotográfica, con posterior charla do seu autor o mércores 16, que se desenvolverán no IES Francisco Asorei, e mais un espectáculo teatral para concienciar sobre a difícil situación das persoas refuxiadas no Auditorio Municipal da Xuventude o venres 11. As actividades están organizadas pola Concellería de Servizos Sociais que dirixe Tino Cordal e encádranse no plan de sensibilización promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que é socio o Concello.
A mostra ‘No colo da esperanza’, que se inaugurará o martes 8 de maio no centro educativo, foi realizada polo fotoxornalista Felipe Carnotto en 2015 na denominada “ruta dos Balcáns”. As fotografías están protagonizadas principalmente por rapazas e rapaces que foxen da guerra en Siria canda as súas familias, na busca dun futuro próspero en Europa. A forza das imaxes pretende poñer o foco nas inxustizas que están a acontecer para que milleiros de persoas abandonen os seus fogares e camiñen en ringleiras durante horas, cruzando países como Turquía, Macedonia ou Serbia na procura de refuxio, coa esperanza de vivir en paz.
O día 16, ás 11:30 horas, o propio reporteiro ofrecerá unha charla para o alumnado arredor da exposición. A relación entre Felipe Carnotto e o Fondo Galego bota a andar en 2014, cando o fotógrafo gaña o concurso Imaxes con Fondo II, no que o premio era unha viaxe a Nicaragua para retratar a realidade do país e os proxectos alí apoiados. Como freelance, o fotoxornalista de orixe brasileira afincado en Vigo ten publicado en xornais como The Guardian, Der Spiegel, Financial Times, El País ou a revista Luzes. En 2017 fíxose co recoñecemento á Imaxe do Ano no prestixioso certame Estação Imagem e no mesmo ano acada o Galicia en Foco.
‘O valo’ de Pallasos en Rebeldía
Uns días antes, o venres 11 de maio ás 12 horas, chegará ao Auditorio Municipal cambadés o espectáculo teatral ‘O valo’, creado o ano pasado por Pallasos en Rebeldía para o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade co fin de impulsar a reflexión sobre as fronteiras e a situación das persoas refuxiadas. Neste caso o público será o alumnado de sexto curso de primaria de Cambados. A Concellería de Servizos Sociais alugará un autobús para desprazar ao alumnado dende os colexios ata o Auditorio da Xuventude.
Baseada no texto homónimo que lle valeu a Carlos Labraña o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, o obxectivo da obra é evitar o esquecemento das guerras e da xente que delas foxen, ao tempo que se convida a transformar a realidade pensando un mundo diferente. A proposta representa o encontro entre unha nena que escapa da guerra e un rapaz soldado, gardián devoto de fronteiras móbiles. Cómpre ter en conta que o conflito en Siria obrigou a máis de cinco millóns de persoas a abandonar o país na procura de refuxio noutros lugares, entre as que se achan moitas menores. ‘O valo’ está escrita en homenaxe a todas elas, para que as teñamos presentes e as súas vidas constitúan o xerme da loita contra todos os valados, muros e fronteiras que separan os seres humanos.
O Fondo Galego
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 94 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en preto de 30 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade celebrou en 2017 o seu vixésimo aniversario.


7 de septiembre de 2016

OS NENOS SAHARAUIS MARCHARON TRAS MES E MEDIO ENTRE NOS








Os 325 nenos que viñeron xa teñen as maletas feitas para volver a casa esta noite coas maletas cargadas de vivencias e unha experiencia única.


Nas casas das familias que participaron este verán no programa de acollida 'Vacacións en paz' ferven os preparativos a estas horas. Os 325 nenos saharauís que viñeron a Galicia xa teñen as maletas feitas para volver cos seus. Nelas levan de todo: comida, roupa, xoguetes, pero sobre todo moitas vivencias e unha experiencia única.
Os cativos levan en Galicia mes e medio gozando dun verán diferente ao que lle tocaría vivir no campamento  saharauí. 
Durante mes e medio a vida aquí apenas se altera. Son uns máis na familia e enchen toda a casa de vitalidade.

Din que a experiencia é do máis enriquecedora e que os nenos dan máis do que reciben. O cariño que levan estes nenos non se plasma nunha maleta que hoxe vai cargada de xoguetes, roupa e comida para as súas familias, senón nos recordos que seguro van permanecer neles para sempre.






27 de marzo de 2016

RECOLLIDA DE DONACIÓNS AO POBO SIRIO









A casa mariñeira situada á beira do paseo marítimo de San Tomé será o punto de referencia para depositar, seleccionar e embalar o material que teñan a ben doar veciños a título particular e empresas.

Recollida de mantas, tendas de campaña, material sanitario, alimentación para bebés, cueiros, produtos de hixiene persoal e, por suposto, comida envasada en lata. E pensando nos nenos, tamén se admite material escolar e xoguetes.

Desde o Consistorio, Tino Cordal, Concelleiro de Servizos Sociais apunta que o Concello coordinará este dispositivo de axuda e solicitará a colaboración de persoal voluntario. No Concello dispoñen dun rexistro de persoas que están dispostas a botar unha man, que xa responderon a unha chamada anterior realizada desde o Concello, cando o problema dos refuxiados empezou a encher portadas e os informativos da televisión.

O Clube Mariño Salnés embalou onte un total de 42 caixas de material destinado aos campos de refuxiados sirios. En concreto, tres caixas de alimentación infantil, cinco caixas de cueiros e compresas, sete de produtos de hixiene persoal, catro de material sanitario (vendas, luvas, máscaras, entre outros), dez caixas de xoguetes, catro de mantas, oito de alimentación e unha caixa de material escolar.

Estes produtos e artigos foron doados por veciños de Cambados e O Grove e por farmacias de Illa de Arousa, Ribadumia e da vila do Albariño.

Na casa do pescador situada á beira do paseo marítimo de San Tomé
Mércores e sábados de 11 hs. a 13 hs
Venres de 19 hs. a 21 hs

Axuda ao pobo Sirio



16 de marzo de 2016

O CONCELLO DE CAMBADOS RETIRA A BANDEIRA DA U.E. DO BALCÓN







O Concello de Cambados tamén retira a bandeira da UE como mostra do rexeitamento do acordo asinado con Turquía para facilitar as deportacións masivas de refuxiados, pisando os dereitos humanos. Esta non é a Europa que queremos!
Os concellos da Coruña e de Ferrol anunciaron este martes a retirada parcial da bandeira da Unión Europea (UE) que loce nos balcóns dos consistorios municipais. Unha decisión que tamén adoptou o Concello de Pontevedra e que é unha medida de protesta contra o acordo da troika comunitaria con Turquia para a devolución dos refuxiados sirios e o peche de fronteiras.