A presidenta da Deputación ven de denunciar irregularidades na xestión e nos pagamentos de proxectos que contan con fondos europeos impulsados polo goberno do seu predecesor, Rafael Louzán. Carmela Silva anunciou que están recompilando información para trasladala á Fiscalía e ao Tribunal de Contas.
Trátase de cinco iniciativas que contan con máis de 35 millóns de euros de fondos europeos: DepuTrans, DepoTic, DepoGap e Pousadas do Salnés, o proxecto estrela de Rafael Louzán. Neste caso a presidenta apuntou que se triplicou o orzamento inicial. Carmela Silva explicou que é a súa obriga informar tanto á Fiscalía como ao Tribunal de Contas atendendo ao principio de transparencia das administracións. Despois serán estas institucións as que tomen as medidas oportunas. A presidenta advertiu que non ía asumir ningunha xestión irregular.
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta POUSADAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta POUSADAS. Mostrar todas las entradas
28 de marzo de 2016
ABREN AS DÚAS PRIMEIRAS POUSADAS DO SALNÉS
Coincidindo coa Semana Santa, a cadea Hotusa, do empresario galego Amancio López, acaban de abrir as portas as dúas primeiras Pousadas do Salnés, unha rede de establecementos de catro estrelas impulsada pola Deputación de Pontevedra.
Con un retraso de un ano por culpa dos erros de construcción e administrativos por parte do anterior Goberno Provincial.
Estes días, os hoteis da Lanzada, no Grove, e Armenteira, en Meis, recibiron aos seus primeiros hóspedes. As outras dúas pousadas, situadas en Meaño e Ribadumia, estarán listas para albergar turistas "o próximo verán", segundo adiantou a presidenta do organismo provincial, Carmela Silva.
Especialización
A idea do empresario galego Amancio López é diferenciar cada un destes establecementos, que inclúen na súa páxina web dentro da categoría Domus Selecta de pequenos hoteis con encanto. No caso de Armenteira, a gastronomía será o seu principal atractivo, mentres que no da Lanzada o será o turismo. Pola súa banda, o de Meaño estará asociado ao mundo do viño e o de Ribadumia, á actividade física e a saúde.
O empresario cubrirá con estas novas aperturas boa parte da costa pontevedresa, onde tamén xestiona, a través da cadea Eurostars, o Gran Hotel da Toja e o Hotel Balneario Illa da Toja, ambos os propiedade do Banco Popular.
12 de febrero de 2016
DEPUTACIÓN E ARLEA HOTELS S.A. ASINAN A ENTREGA DE DUAS DAS POUSADAS
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou este venres o convenio con Arlea Hotels, S.L. para a entrega das Pousadas de Armenteira e A Lanzada para a súa explotación pola empresa adxudicataria. Desta forma, o novo goberno da Deputación remata en sete meses coa auténtica desfeita da xestión do que foi o proxecto estrela do ex presidente Rafael Louzán, incapaz de levalo adiante desde 2009, a pesar das reiteradas promesas para a súa apertura, primeiro en Semana Santa de 2015 e despois no verán, sen que se producira en ningunha das dúas datas.
O novo goberno provincial tomou posesión o 24 de xullo de 2015 e desde ese momento tivo que adoptar unha serie de decisións de urxencia ante o total abandono que sufría o proxecto. Hai que lembrar que os edificios das catro Pousadas do Salnés: Armenteira, A Lanzada, Ribadumia e Meaño, estaban rematados desde 2012, hai catro anos. Aínda así, as Pousadas non se entregaran á empresa concesionaria que non asinou xamais un programa de explotación das mesmas, nin as actas de inicio de posta en funcionamento. De feito, a propia empresa adxudicataria puxo de manifesto que os inmobles non podían ser recibidos debido as súas múltiples deficiencias. O seu recurso do 10 de agosto confirmaba que os inmobles non estaban en condicións para a entrega.
Cando o novo goberno de Carmela Silva chega á Deputación atópase con que as catro pousadas non tiñan licenza nin de primeira ocupación, nin de actividade. Ningunha delas tiña ademais seguro para as instalacións. As catro carecían tamén de vixilancia e de seguridade e esgotaran o presuposto para o subministro eléctrico. No caso da Pousada de Meaño nin sequera tiña dado de alta o consumo eléctrico e precisaba dun transformador. De feito, do crédito dispoñible no proxecto Pousadas quedaban só 861 euros e tívose que pedir un préstamo para abonar as facturas eléctricas porque o subministro corría perigo.
Ante semellante situación de abandono, o novo goberno provincial creou un grupo de traballo coa empresa concesionaria para facer un diagnóstico real da situación a fin de ir solucionando as deficiencias.
En só dous meses contratouse o seguro para as instalacións por importe de 11.000 euros, pagáronse as facturas eléctricas de máis de 6000 euros, dotouse á Pousada de Meaño dun transformador eléctrico, contratouse a vixilancia dos catro edificios por 30.000 euros e axilizouse a concesión das licenzas de ocupación e turísticas. Armenteira ten licenza, en Ribadumia pagáronse as taxas (31.000 euros) e na Lanzada completouse a documentación solicitada polo Concello para finalizar a súa tramitación
É dicir, en pouco máis de dous meses fíxose máis traballo que nos seis anos anteriores de Louzán, para intentar solucionar un problema creado, aparcado, mal xestionado e ruinoso. Tan ruinoso que sobre un presuposto inicial de 9 millóns de euros, dos que máis de seis millóns e medio viñeron de fondos europeos, cando chega o novo goberno en xullo de 2015, a Deputación de Pontevedra levaba gastados máis de 20 millóns: 20.118.279 euros. O presuposto inicial case se triplica e a achega da Deputación multiplicouse por 5, aínda máis no momento actual polos pagos pendentes que se tiveron que facer.
As posibles irregularidades na xestión do proxecto xa foron obxecto de preguntas parlamentarias en Europa no ano 2013 e de denuncia na Oficina Europea de Loita contra o Fraude en 2014.
Este venres asinouse o convenio coa adxudicataria da acta de inicio de explotación en dúas Pousadas: A Lanzada e Armenteira, unha vez preparada toda a documentación, feitas as reparacións e coas licenzas en regra. En só 7 meses se dan as condicións para a explotación de dúas de catro Pousadas despois dun expediente que naceu no 2009 e que se converteu nun saco sen fondo de diñeiro público
No caso da Pousada de Ribadumia, ten graves problemas para solucionar a súa legalidade e na Pousada de Meaño están en resolución as deficiencias de calado que tiña a construción e espérase a súa finalización en breve prazo.
9 de octubre de 2015
SANTOS HÉCTOR DI QUE AS RESPOSTAS TENAS LOUZÁN
O voceiro socialista na Deputación de Pontevedra, Santos Héctor, recomendoulle hoxe aos deputados do Partido Popular que si queren saber algo sobre a situación do proxecto das Pousadas é mellor que lle pregunten ao anterior presidente Rafael Louzán.
Santos Héctor recordou que a apertura das catro Pousadas do Salnés foi anunciada polo anterior presidente da Deputación para a semana santa de 2015 e posteriormente para ese mesmo verán, sen que se producira en ningunha das dúas datas. O voceiro socialista recordou que este goberno provincial tomou posesión o pasado 24 de xullo e dende ese momento tivo que adoptar unha serie de decisións de urxencia polo abandono que sufría o proxecto por parte de Rafael Louzán e o seu equipo.
Deste xeito o voceiro socialista recórdalles aos deputado do Partido Popular que a propia empresa adxudicataria das catro Pousadas puxo de manifesto que os inmobles non podían ser recepcionados polas súas múltiples deficiencias, entre as que destacan as licenzas para a súa actividade das que carecían.
A pesares de que os edificios levaban rematados dende 2012, recorda Santos Héctor, non foi ate maio de 2015 cando comezaron a tramitarse as licenzas de primeira ocupación e as de actividade turística. Carecían de seguro, de vixiancia e a de Meaño non contaba con suministro eléctrico.
Fronte a esta situación de abandono total o novo goberno provincial, sinala o voceiro socialista, en so dous meses contratou o seguro para as instalacións (uns 11.000 euros); pagáronse as facturas eléctricas (máis de seis mil euros); dotouse a Meaño dun transformador eléctrico; contratouse a vixiancia dos catro edificios (uns 30.000 euros) e axilizouse a concesións das licenzas de ocupación e turísticas.
Ao mesmo tempo, Santos Héctor subliñou, que creouse un grupo de traballo coa empresa concesionaria para ir subsanando as deficiencias. "En pouco máis de dous meses fíxose máis que nos catro anos anteriores para intentar dar unha solución a un problema creado, aparcado, mal xestionado e ruinoso, ideado por Rafael Louzán", conclúe Santos Héctor.
Por último o deputado provincial recorda que o proxecto Pousadas tiña un orzamento consignado de nove millóns de euros, dos cales 6,6 millóns procedían de fondos europeos, e que no pasado mes de xullo xa se tiñan investidos máis de 20 millóns de euros os cales xa están case que superados cos novos gastos surxidos nestes dous meses.
8 de octubre de 2015
QUE PASA COAS POUSADAS DO SALNÉS?
Recopilando varios artigos de xornais dixitais vemos que a estas alturas de ano, seis meses despois, as Pousadas do Salnés sufren un retraso considerable na sua apertura.
O voceiro do grupo popular na Deputación, Ángel Moldes, e os deputados do Salnés, Salomé Peña e Luis Aragunde, visitaron este mércores a Pousada da Armenteira xinto o alcalde de Meis, Jose Luis Pérez. Os populares denunciaron o "estancamento" deste proxecto, e mostráronse seguros de que "se Rafael Louzán estivera liderando a Deputación de Pontevedra, as catro Pousadas estarían abertas e funcionando". "Se a día de hoxe estas Pousadas non están en marcha non é pola inacción do anterior equipo de goberno, senón que é polas propias políticas e a falta de xestión do actual bipartito da Deputación", criticaron.
A esto hai que puntualizar varias cousas e as probas están como decíamos na prensa dixital para que non se nos acuse de mentir.
O 2 de marzo deste 2015 saía publicado en PONTEVEDRA VIVA: O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, sinalou que en breve espazo de tempo, o próximo mes de abril, empezarán a funcionar ás Pousadas do Salnés.
O anuncio da apertura dos establecementos tivo lugar este domingo durante a inauguración do novo acceso e a humanización do ámbito do mosteiro de Armenteira, executadas polas empresas Covsa e Construcións Abal.

Pero antes deste anuncio saía outro no mesmo xornal dixital, PONTEVEDRA VIVA, venres 19 de decembro do 2014 e no que decía: As Pousadas do Salnés estarán completamente listas para a súa posta en funcionamento antes de que comece Semana Santa. Así o puxo de manifesto o presidente da Deputación, Rafael Louzán, que anunciou a adxudicación, na Xunta de Goberno deste venres, do mobiliario para estes establecementos.
A unión temporal de empresas integrada por Suministros Técnicos de Galicia (Sutega) e Novavila Rías Baixas S.A. foi a gañadora do concurso, cun orzamento de 1.4 millóns de euros e un prazo de subministración do equipamento é de 70 días.
Agora veñen con apuros e eles mesmos apuntan, en concreto Ángel Moldes, explicou que "pode haber algunha Pousada que teña algún trámite administrativo pendente".
Si o gobreno do PP e Louzán erraron nas previsións e trámites non poden esixir tanta premura toda vez que a Deputación trasladará á Fiscalía e ao Tribunal de Contas proxectos do anterior goberno provincial, que dirixía o popular Rafael Louzán, que en conxunto suman 35 millóns de euros xa que na tramitación dos devanditos programas detectáronse irregularidades, tanto na xestión como nos pagos e entre eles está as Pousadas.
11 de septiembre de 2015
AS POUSADAS DE LOUZÁN PASARÁN POR FISCALÍA E O TRIBUNAL DE CONTAS
As Pousadas do Salnés, baixo sospeita. A presidenta da Deputación de Pontevedra denuncia irregularidades no que fora o proxecto estrela do seu predecesor á fronte do organismo provincial. A intención de Carmela Silva é recompilar documentación para trasladala á Fiscalía e ao Tribunal de Contas. Ademais das Pousadas, outros tres proxectos con fondos europeos están baixo sospeita, sumando máis de 35 millóns de euros de financiamento.
4 de abril de 2015
POUSADAS DO SALNÉS: LISTAS PARA ABRIR PERO SEN PERMISOS
Fontes próximas ao PP veñen de confirmar a este blog que as Pousadas do Salnés non teñen os permisos suficientes para abrir.
Ao parecer unha inspección de Sanidade e Industria denegara os permisos por carecer as cociñas de saídas de fume. Aínda que pode que o problema non se produza en todas as Pousadas alomenos unha delas si o tería e non sería de bo gusto que so abriran as aptas, si as houbera, e quedaran ao descuberto as deficiencias das outras pois terían que explicar como obras de tanto custo carecen de cousas esenciais. A construción dos edificios tivo un custo duns 16 millóns de euros, aos que hai que sumar en torno a 1,4 máis en acondicionamento.
Pero xa sabemos que o PP é amigo de obras faraónicas inútiles, aeroportos sen avións, museos sin contido, e moitas máis.
A esto hai que sumar outras cousas como publicamos no artigo de abaixo.
PORQUÉ NON ABREN AS POUSADAS DO SALNÉS NA SEMANA SANTA
1 de abril de 2015
PORQUÉ NON ABREN AS POUSADAS DO SALNÉS NA SEMANA SANTA
A continuación podedes ler dous fragmentos de duas novas publicadas na web da Deputación Provincial sobre as Pousadas Do Salnés. Nestas novas non queda dúbida de que as Pousadas estarían abertas antes da Semana Santa. Visto que non será así so queda facer preguntas de cal é a razón do retraso.
A proximidade das eleccións municipais fai que se inauguren obras, se adianten convenios, se prometan novas obras. Pero se retrásase a apertura destes establecementos que costaron millóns de euros para que os establecementos privados non vexan mermadas as suas reservas de cara a estas datas?
Os datos de ocupación nas vísperas non son moi favorables, coa apertura das Pousadas poderían ser peores e visto o malestar que causan estas Pousadas en empresarios hoteleiros, é mellor retrasar a apertura para o verán ou despois de pasadas as eleccións?.
30-04-2014
A Deputación recibirá, en concepto de canon, o 11% dos beneficios que a empresa obteña da xestión das Pousadas, que abrirán como establecementos de 4 estrelas e baixo unha dirección única.
As catro Pousadas están xa completamente rematadas e só quedan pendentes pequenos detalles de acondicionamento do entorno dun dos centros, así como o amoblamento, no que a Administración provincial investirá 1,4 millóns de euros.
A adquisición do mobiliario sairá a concurso público e deberá ser publicado no Boletín da Unión Europea. Unha vez adxudicado e instalado, a empresa comprométese á apertura dos centros nun prazo máximo de 2 meses.
As Pousadas do Salnés estarán completamente listas para a súa posta en funcionamento antes de Semana Santa. Así o manifestou o presidente da Deputación, Rafael Louzán, que anunciou a adxudicación, na Xunta de Goberno desta mañá, do mobiliario para estes establecementos.
A unión temporal de empresas, integrada por Suministros Técnicos de Galicia (SUTEGA) e Novavila Rías Baixas S. A., foi a gañadora do concurso, cun orzamento de 1.411.939,10 euros e un prazo de subministración do equipamento de 70 días.
Tendo en conta estes prazos e que nestes momentos están en execución os últimos traballos de acondicionamento e alumeado dos accesos, agárdase que antes de Semana Santa estean completas todas as infraestruturas e acondicionado o contorno para a súa posta en marcha por parte da empresa adxudicataria, do Grupo Hotusa.
Así mesmo, Louzán lembrou que na actualidade 42 mozos e mozas están formándose en hoteis de Alemaña e España no marco dos ciclos de FP Dual postos en marcha pola Administración provincial, a Consellería de Educación e a empresa, de xeito que tamén se disporía de persoal perfectamente formado para traballar nestes centros.30 de agosto de 2014
AS POUSADAS. CADA HABITACIÓN SAE POR 17.000 EUROS.
Hai que lembrar que de 9 millóns de euros de orzamento inicial pasouse a 15 tras varias ampliacións
O custo das Pousadas
O
proxecto das Pousadas tiña un orzamento inicial de 9.000.000 de euros.
Durante o seu desenvolvemento foron aprobadas varias ampliacións por
sobrecustos facendo que a contía final se fixara en 15.000.0000 de
euros. Logo diso foi aprobada unha dotación para o amoblamento dos catro
inmobles cun orzamento inicial de 2.000.000 de euros. A empresa
concesionaria conseguiu rebaixar esta cifra a 1.500.000 euros.
A
estes gastos hai que en engadir que, no caso da Pousada de Ribadumia,
aprobouse a dotación dun spa e de instalacións deportivas cun custo
adicional de 1.500.000 euros. Debe terse en conta ademais que, agás no
caso da Pousada da Lanzada, nas outras tres foi preciso acometer obras
de acondicionamento dos accesos, obras que tamén está sufragando a
Deputación de Pontevedra e con un custo inda sen determinar xa que se
están executando. Tamén habería que sumar os gastos de publicidade e
promoción xa emprendidos. Todos estes datos elevan o custo das 4
pousadas a máis 17.000.000 de euros o que supón que cada habitación
destes aloxamentos teña custado ó redor de 17.000 euros, algo que
ningunha empresa privada sería capaz de repercutir.
- See more at: http://www.todogrove.com/index.php?option=com_content&task=view&id=7935#sthash.fGBxtUm2.dpuf

- See more at: http://www.todogrove.com/index.php?option=com_content&task=view&id=7935#sthash.fGBxtUm2.dpuf4 de junio de 2014
LOUZÁN INVESTIGADO, NON AMOSA PREOCUPACIÓN
"Ningunha preocupación", así reaccionou o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, ante a posibilidade de que a Oficina Antifraude da Unión Europea investigue á institución pontevedresa por irregularidades no uso de fondos comunitarios para o proxecto de turismo accesible 'Pousadas do Salnés'.O comisario responsable de Loita Contra a Fraude, Algirdas Semeta, en resposta escrita a unha interpretación do eurodeputado de Aralar, Iñaki Irazabalbeitia, confirmou que están "a avaliar agora a información relativa ao asunto" antes de decidir "se se debe incoar o procedemento de investigación formal", explica Semeta.
| Algirdas Semeta |
Na súa interpretación, o eurodeputado Irazabalbeitia sostiña que as 'Pousadas do Salnés' son "un proxecto que favoreceu promotores e familiares do Partido Popular, o partido no Goberno da Xunta de Galicia, e que foi denunciado publicamente polo mal uso de fondos comunitarios".
30 de abril de 2014
ADXUDICADAS AS POUSADAS DO SALNÉS A UN AMIGO DE RAJOY
A empresa non concurreu a primeira convocatoria para establecer a adxudicación.
Hotusa xestionará as Pousadas do Salnés. O grupo catalán con presenza en máis de 50 países foi o elixido pola Deputación de Pontevedra para dirixir as catro Pousadas durante un período de 12 anos, polo procedemento de contratación negociado.
A cambio desta adxudicación Hotusa-Eurostars pagará un canon anual correspondente ao 12% dos seus beneficios.
Non obstante as Pousadas non abrirán ao público ata finalizar o verán. É dicir, dous meses despois do seu amoblamento, unha circunstancia que aínda non se produciu e para a que a institución provincial destinará 1,4 millóns de euros. Esta elevada partida esixe a publicación no Boletín da Comunidade Europea o que atrasa todo o proceso.
Dende o grupo provincial do PSdeG, que votou en contra, o deputado e exalcalde de O Grove, Jose Antonio Cacabelos, calificou esta obra coma "o Gaiás de Louzán" en referencia ao "desproporcionado custo destes hoteis de máis de 17 millóns de euros" y salientou que Amancio López Seijas "e un compañeiro de pupitre e amigo persoal de Mariano Rajoy".
Pola súa banda, os deputados do BNG, que se abstuveron recordaron que "son cartos públicos, así que por nos non vai quedar", dixo o voceiro César Mosquera, polo que desexou "que haxa sorte e a empresa teña éxito na súa xestión pois do caso contrario redundaría negativamente nos pontevedreses".
28 de febrero de 2014
NADIE DA O QUE QUERE LOUZÁN POLAS POUSADAS
O Pleno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe declarar deserto o concurso aberto para outorgar a concesión da xestión das Pousadas do Salnés
e iniciar un procedemento negociado para outorgalo. O acordo foi
adoptado cos votos a favor do PP, a abstención do BNG e o voto en contra
do PSOE.
Segundo
explicou o presidente, Rafael Louzán, agora, como establece a lei,
iníciase un procedemento negociado con esas tres empresas e con outras
interesadas que reúnan a capacitación e
a solvencia económica establecida nos pregos, de 3 millóns de euros.

a solvencia económica establecida nos pregos, de 3 millóns de euros.
Pero como non todo vai ser malo Louzán conclúe afirmando que "máis alá das teimas persoais que algún
poida ter, o proxecto das Pousadas foi aprobado polo Goberno Central,
daquela nas mans do PSOE e, ata agora, xa conseguiu, polo menos, tres
cousas: crear valor público para a Deputación
por máis de 17 millóns de euros; recuperar elementos patrimoniais e construír novas rutas de sendeirismo e turismo; ademais de favorecer un importante nicho de emprego durante varios anos".
por máis de 17 millóns de euros; recuperar elementos patrimoniais e construír novas rutas de sendeirismo e turismo; ademais de favorecer un importante nicho de emprego durante varios anos".
29 de noviembre de 2013
SAE A CONCURSO XESTIÓN DAS POUSADAS DO SALNÉS
O goberno provincial aprobou este venres o concurso para a explotación privada das catro Pousadas do Salnés: A Lanzada (O Grove), Armenteira (Meis), Ribadumia e Meaño, segundo confirmou o presidente da Deputación, Rafael Louzán. Así mesmo, o pleno da Corporación Provincial acordou incluír no inventario de bens da Deputación os catro centros que forman parte deste proxecto, cun valor patrimonial de 15 millóns de euros.
Numerosas empresas interesáronse neste conxunto para xestionar conxuntamente duascentas prazas hoteleiras, todas elas adaptadas para persoas con discapacidade e cunha categoría mínima de catro estrelas. Adxudicaranse a unha mesma empresa co fin de que se ofrezan uns servizos homoxéneos.
O concurso prevese publicar no Boletín Oficial da Provincia a semana que vén, a partir da súa publicación establécese un prazo de presentación de propostas de sesenta días. A adxudicación realizarase por un período que oscilará entre os 10 e os 20 anos.
As Pousadas están dirixidas especialmente a un turismo que adoita ter poucas posibilidades de viaxar en grupo. Non obstante este é un "nicho de mercado" moi amplo. Segundo os datos ofrecidos pola Deputación, en España hai uns tres millóns de persoas con limitacións físicas.
As empresas interesadas en asumir a xestión das Pousadas deberán cumprir unha serie de requisitos como a contratación de persoal con discapacidades, ou que compatibilicen os usos hostaleiros cos formativos.
Neste sentido haberá un vinculo claro coa Escola Comarcal de Hostalaría que vai continuar na Lanzada os próximos anos.
As catro pousadas do Salnés foron financiadas grazas a un convenio aprobado polo Fondo de Desenvolvemento Rexional (Feder) da Unión Europea, por un importe que rolda os nove millóns de euros e tamén polos concellos pertencentes a Mancomunidade do Salnés. Inclúen outras melloras como a recuperación da Ruta da Auga e da Pedra ou a escavación dos depósitos arqueolóxicos da Lanzada e de Monte do Castro.
9 de octubre de 2013
CALES SERAN AS EMPRESAS CONCESIONARIAS DAS POUSADAS DO SALNES?
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, presentou hoxe, nunha visita á Pousada de Meaño, a obra do escultor Paco Pazos, natural de Cobas, Meaño, que presidirá o edificio; anunciou, así mesmo, a inminente adxudicación dun proxecto, por valor de 250.000 €, para facer accesibles os espazos públicos da comarca e converter O Salnés na primeira comarca de Galicia en ter totalmente accesibles lugares de interese turístico e cultural coma praias, igrexas ou monumentos.
Louzán, o propio Pazos e o arquitecto das pousadas, Mario Crecente, destacaron que a obra do escultor de Cobas –construída en aceiro corten, que non precisa protección– simboliza e integra elementos claves da pousada: a escultura, de tipo abstracto, está feita de acordo coa estética da edificación e relaciona os socalcos do terreo, os viñedos e as ondas do mar de Arousa.
Louzán anunciou tamén que antes de mediados de novembro sairá a concurso a xestión conxunta das catro pousadas para seren adxudicadas globalmente –as catro a unha empresa– a primeiros do vindeiro ano e contar así coa previsión de que estean funcionando o próximo verán.
Destacou que hai varias empresas interesadas na xestión dos catro establecementos, "algunha delas ten máis de 100 hoteis por todo o mundo", dixo, e sinalou que a elaboración dos pregos do concurso é unha tarefa moi complexa "pois temos que poñer condicionantes para velar polo emprego, pola calidade, polos ciclos formativos e, en definitiva, pola sostibilidade e garantía de funcionamento do proxecto. A Deputación non pode recibir canon económico ó ser un proxecto desenvolvido con fondos europeos, por iso ten que incorporarse outro tipo de compensacións coma mobiliario, garantía de emprego, etc."
6 de junio de 2013
AS FARAÓNICAS OBRAS DE LOUZÁN OBTAN A UN PREMIO A NIVEL EUROPEO
O proxecto Pousadas do Salnés da Deputación Provincial de Pontevedra aspira a facerse co premio Edén de Excelencia Turística, que promove a Comisión Europea e que ten como obxectivo poñer en valor destinos emerxentes comprometidos coa sustentabilidade social, cultural e medioambiental.
O galardón céntrase cada ano nunha característica específica dos destinos e neste 2013 o tema sobre o que xirará o concurso e ao que se lle prestará unha especial atención á hora de decidir ao gañador é a accesibilidade, principal aposta das Pousadas do Salnés.
En cada edición, os premios Edén conceden o recoñecemento a un destino de cada país presentado, polo que As Pousadas, que contan co apoio da Dirección Xeral de Turismo, compiten con outros seis destinos nacionais, que son Cartagena, Laredo, as praias de Valencia, dúas Vías Verdes de Girona e o Parque Natural dos Pre-Pirineos.
Para facer a valoración definitiva en base á que se decidirá cal é o gañador entre os sete presentados, desprazouse ata Pontevedra unha técnica de Segittur, que realizou unha análise exhaustiva do proxecto e que elaborará o informe que podería darlle a esta provincia un novo galardón turístico que pon en valor a calidade do destino.
As Pousadas do Salnés son unha iniciativa pioneira para a creación dun produto turístico accesible e sostible na comarca do Salnés. O proxecto pretende dar resposta á necesidade de diversificar a oferta turística da comarca mediante a creación de 4 establecementos hoteleiros de 4 estrelas con máis de 100 habitacións dobres totalmente accesibles, así como os 50 quilómetros de rutas de sendeirismo que inclúen a do Umia, a do Cañón, a do San Martiño, a ruta da Pedra e da Auga, a do río Chanca, a do río Currás, e a de Dorrón. A elas hai que sumar a recuperación de escavacións arqueolóxicas nos castros de A Lanzada e O Castro (Ribadumia), tamén accesibles.
Agardemos que de confirmarse o premio, este sirva para que a comarca aumente o número de visitantes e que descenda o número de parados aínda que sexan votantes, afiliados e familiares de certo partido político.
21 de enero de 2013
OS SOCIALISTAS DE AROUSA CONTRA O DESPILFARRO DAS POUSADAS
1.- XUSTIFICACIÓN: Non se xustifican, máxime na comarca con maior dotación hoteleira da Provincia. Falábase dun proxecto social pero non son un proxecto social, son unha competencia desleal para o sector. A normativa turística marca unhas medidas de accesibilidade que todo establecemento ten que cumprir. Son catro hoteis máis. Eso sí con cartos de todos.
3.- DESPILFARRO ( o Gaiás do Salnés):
Orzamento inicial 9.600.000.-€, actual 15.000.000.-€, case 4.000.000.-€ por Pousada, ademáis o incremento do custo provén de fondos da propia Deputación, a esto hai que engadir que a axuda FEDER a que tanto se fai referencia e unha porcentaxe pequena do total. Dónde está a política de austeridade que tanto defende o PP?,Feijoo non ten nada que decir?
Esto é un gran Despilfarro, outro bo exemplo delo son os 500.000.-€ para publicidade e propaganda,que o orzamento recolle . Estanse gastando 500.000.-€ co único fin de convencer que son un gran proxecto.
Y o peor de todo é que esta grande inversión, este proxecto público vai ser explotado pola empresa privada mediante unha concesión a 25 anos.
4.- SECTOR TURÍSTICO: Necesidade de políticas activas no sector turístico que está atravesando por grandes dificultades, pola crise e polos impostos: IBI,IVA, Canon Verquidos, etc....
15.000.000.-€ invertidos no sector terían máis eficacia, por exemplo para axudar a modernizar as instalacións, promovendo paquetes turísticos, favorencendo dotacións turísticas complementarias, mellorando o transporte dende os aeroportos á comarca…….
Centros de Día para a comarca : daría para cubrir a demanda dos veciños do Salnés
Centros de Saúde: Ata 7 novos Centros de Saúde
Guarderías e/ou Comedores Escolares: axudar aos país nos custos por estes conceptos
Asistencia Social : Dependencia, Teleasistencia: redúcense ou eliminanse servizos realmente sociais, de necesidade para os veciños….pero construimos 4 hoteis.